2 anos de PICAA na Apple Store

Iphone coa aplicacion PICAA

Imaxe de 3 iPhone/iPod onde se mira a aplicación PICAA

Picaa: A Plataforma de Aprendizaxe Móbil

Hoxe 22 de maio cúmprense 2 años desde que Picaa esta disponible na App Store. Neste tempo a aplicación evolucionou moito, en gran medida gracias ao continuo asesoramento dos profesionais que a empregades: novas funcionalidades, version en galego, tipos de letra, creacion de sons e un longo etcétera

O equipo de desenvolvemento da Universidade de Granada e o seu creador Alvaro Fernández, queren comentarnos un par de cousas:

  • En primeiro lugar, actualizaron o manual de uso da aplicación na web: www.picaa.es
    Ademais da versión en PDF, inclue unha versión especial para a aplicación iBooks de iPad.
  • Tamén teñen a idea de habilitar a sección Comunidade (http://asistic.ugr.es/picaa/?page_id=24) para que usuarios de Picaa escribades entradas no blog, compartir as vosas experiencias coa ferramenta, publicar actividades en formato .pica e realizar comentarios.Se che interesa, deixa aqui un comentario co teu enderezo de correo para crearte unha conta de usuario e así podas escribir entradas do blog sempre que queiras, con total liberdade.

Picaa deseñouse para a creación de actividades didácticas adaptadas para alumnos con necesidades educativas especiais. Trátase dun proxecto do grupo de investigación GEDES da Universidade de Granada, creadores do sistema de comunicación aumentativa Sc@ut.

Actualmente incorpora 4 tipos de exercicios: Asociación, Exploración (Comunicadores), Puzzle e Ordenación.

O sistema deseñouse para atender á diversidade funcional de usuarios con necesidades especiais, principalmente nos niveis: cognitivo, visual e auditivo.

A aplicación é gratuita, e cunha axeitada aplicacion nos centros e fogares.

http://scaut.ugr.es/picaa/

http://itunes.apple.com/es/app/picaa/id373334470?mt=8#

Comparte este artigo

Deixar un Comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes usar: HTML etiquetas e atributos: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>
*
*

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.