Curso PECS
Dende a Asociación ACEESCA nos trasladan a informacion de que organizan un curso de PECS básico para profesionais ou familias por se alguén está interesado en facelo.Mediante PECS (Sistema de Comunicación por Intercambio de Imaxes) a persona con grandes dificultades no emprego da linguaxe expresiva aprende a comunicarse espontáneamente con símbolos de obxectos ou actividades desexadas.
Para comezar o acto comunicativo, a persona só ten que coller o símbolo do obxecto / actividade deseaxda e ofrecerlla ao interlocutor para que se produza o intercambio. Estas tarxetas arquívanse de xeito personalizado nun libro ou taboleiro, co cal o usuario de PECS comunicarase alá onde vaia.