Mil primaveras mais

Mil primaveras máis é un texto de Álvaro Cunqueiro traducido a moitos idiomas que, amais dunha apoloxía, pode ser lido en clave simbólica como unha vontade colectiva do pobo galego ao respecto do mantemento da súa lingua propia, a lingua galega.

pictograma de primavera

Pictograma ARASAAC da Primavera

Deste xeito, dende o Equipo de Dinamización Lingüística CEIP ESPIÑEIRA-ALDÁN queren que poidamos coñecer un pouco do seu labor e axudalos achegando recursos en galego na medida das vosas posibilidades:

“ENCANTARÍANOS RECIBIR CALQUERA AXUDA NAS NOSAS ACTIVIDADES
Agradecemos moito que sigades colaborando, como xa fixeron moitas persoas, nas nosas actividades: votando, enviando palabras fermosas, cantigas, chistes… ou enviándonos calquera opinión despois de velas, pulsando ao final de cada explicación á dereita no sitio dos comentarios.

Gracias ás persoas que levan cooperado, sobre todo en: “AS PALABRAS MÁIS FERMOSAS”. Se facedes o favor de ler esta actividade e votar polas que máis vos gusten, comprobaredes que desde o principio deste curso recibimos moitísimas.

Sabemos que as présas son malas conselleiras, lévannos a cometer erros e aínda nos queda moito que podemos corrixir, polo que queremos dar as grazas de antemán a toda persoa que nos faga chegar calquera comentario nas actividades que nos axude a mellorar. ”

Un poema para seguir completando:

Non hai defecto que cariño dabondo non poida mellorar,
nin erro que suficiente afecto non poida comprender.
Non hai pena que tenrura abondo non poida alegrar,
nin rancor que bastante amizade non poida vencer.
Non hai desprezo que estima dabondo non poida perdoar,
nin medo que a confianza precisa non faga desaparecer.
Non hai problema que comprensión abondo non poida solucionar,
nin porta que agarimo bastante non poida abrir.

Ligazóns

Comparte este artigo

Deixar un Comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes usar: HTML etiquetas e atributos: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>
*
*

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.