Imaxe de cabeceira do proxecto xogamos.[D-275]

Imos de premio en premio

Os nosos tadeguianos non paran: O Diario Oficial de Galicia (18 de cembro de 2007) ven de publicar unha orde da Consellaría de Educación e Ordenación Universitaria que resolve os premios a recursos educativos para a Sociedade da Información para profesorado de ensino non universitario financiados con fondos públicos.

O mencionado galardón foi convocado en xuño deste ano con diferentes categorías e, nunha delas, Ferramentas de autor, ten especial relevancia para o noso tadeguiano Felo Couto recibindo o Primeiro Premio, coordinando un proxecto chamado Xogamos? xunto con outros dous baluartes das TIC en Galicia, Fran Macías co seu afamado Educa lim e Xosé Antón Vicente coa recoñecida bitácora EnGalego.

En primicia 🙂 o noso compañeiro comenta a existencia de dous módulos no proxecto:

Baixo o nome de Xogamos? agrúpanse unha serie de recursos informáticos dedicados a elaboración e utilización de xogos de pregunta-resposta e que inclúe unha serie de ferramentas para a creación de xogos:

  • EdiPre (Editor de Preguntas). Programa informático para contornas windows e linux.
  • DEX (Deseño de Xogos). Aplicación para a construcción das interfaces gráficas dos xogos. Válida para contornas windows, linux, mac e Internet.

(Felo Dixit)

Estou impaciente por probar esta nova ferramenta, xa que a calidade está garantida. Estimado Felo: Cando xogamos?

Nota: Como dí a miña nai Sentímonos moi orjullosos de tí/vós

Enlace á web do proxecto:
www.edu.xunta.es/contidos/premios/p2007/proxecto_xogamos