Cartel das II Xornadas TADEGa 2007.[D-269]

As II Xornadas TADEGa 2007 tiveron lugar o sábado 15 de nadal en Santiago de Compostela co obxecto principal de constituirse como Asociación e definir as liñas estratéxicas de actuación para os anos 2007 e 2008.

Acordouse constituírmos como asociación, os membros da xunta directiva, o establecemento das cotas para os socios, e a planificación dos obxectivos máis inmediatos: Realización dun curso sobre accesibilidade web, establecemento dun acordo con aumentativa.net para facilitar o acceso dos socios de TADEGa a esta plataforma, así como melloras no acceso e na estructura da web para darlle maior usabilidade e dinamismo incluíndo un recuncho de axudas TIC urxentes (as receitas da aboa) para docentes inmersos na atención á diversidade.

Ao fin! somos asociación cunha veintena de socios e con gañas de darlle a volta ao uso das TIC na atención á diversidade.

Información detallada
Ao longo destes días iremos colocando no enlace seguinte os distintos documentos, textos, presentacións, etc. nos que se explican polo miudo todo o acontecer destas xornadas que, ao noso xuízo foron altamente positivas.
Enlace con información detallada.

FELIZ NADAL!