Portada do libro ‘Anuario de blogs en español 2008′ de ‘ediciones el cobre’.[D-268]

Un agasallo para Abraham, o noso crac das bitácoras 😉

Onte (luns 18 de decembro) saíu á venda o libro La Gran Guía de los Blogs 2008 [1], de Rosa J. C. [2] e Francisco Polo [3], editado na Colección Planta 29 [4] de Ediciones El Cobre [5], que nace con vocación de anuario e que nas súas 531 páxinas a toda cor recolle reflexións sobre o acontecido en 2007 con respecto ó fenómeno dos blog acompañadas dun directorio con centos de bitácoras de Internet en español clasificadas por materias, fuxindo dun formato de guía telefónica e apostando por dedicarlle a cada blog un espazo importante (a metade de cada páxina, incluíndo imaxe, descrición e ficha técnica de cada caderno dixital).

O texto tamén pretende promover e estimular a presenza do español na Rede, pois na actualidade só o 4% dos blogs no mundo están escritos en español fronte ó 36% en inglés. A obra ten un carácter internacional, tomando como nexo de unión o idioma español, polo que aparecen blogs de todo o mundo, para construír unha ferramenta de achegamento para os hispanofalantes que queiran saber máis da blogosfera.

Enlaces que se citan

  • [0]: Orixe deste artigo: www.codigocero.com
  • [1]: Libro: La Gran Guía…: coleccionplanta29.com/guias…
  • [2]: Coautora, Rosa J. C.: www.rosajc.com
  • [3]: Coautor, Francisco Polo: www.franciscopolo.com
  • [4]: Edita na Colección Planta 29: coleccionplanta29.com
  • [5]: Edita Ediciones El Cobre: www.elcobre.es