Encontros entre o ensino medio e a Uvigo
[D]
As VIII Xornadas de comunicación entre o Ensino Medio e a Universidade de Vigo, celebradas os pasados días 8 e 9 de marzo no campus de Ourense, foron realmente moi interesantes xa que puxeron en coñecementos os cambios que van a producirse cando entre totalmente en funcionamento o Espazo Europeo de Educación Superior (EEES).
Unha das ideas trasladadas a todos os asistentes foi o de que aínda hai moita improvisación neste tema, xa que o Real Decreto polo que se regula a creación dos novos títulos de Grao e Posgrao nas diferentes titulacións esta todavía sen definir e, que este retraso na súa publicación, vai supoñer moita rapidez na posta en funcionamento deste novos plans de estudos, xa que o calendario establecido para o seu inicio comenzaría para o próximo curso académico.
Por outra banda, comentar que estiveron, coma sempre, favulosamente organizados e, que o trato dado a todos os asistentes foi moi afable e todos os relatores amosáronse moi cercanos e accesibles para calquera tipo de consulta ou para ampliar a información dada, ben de xeito directo como por medios tecnolóxicos.