picto asambleaOla a todas e todos:

Alédanos anunciarvos e convocarvos a todas as persoas socias á asemblea xeral extraordinaria de TADEGa que terá lugar o vindeiro sábado 1 de outubro ás 10:10 horas en primeira convocatoria e, no seu caso, ás 10:30 horas en segunda convocatoria no estudo de grabación Phonos da Estrada, Pontevedra en “Calle de la Gradín, 36680 A Estrada, Pontevedra“, (lugar entrañable para esta asociación pola súa magnífica colaboración na grabación dos audios do contos de Xandre); e coa seguinte orde do día:

  1. Lectura e aprobación da acta da sesión anterior.
  2. Estado de contas e presuposto para o ano 2012.
  3. Presentación de candidaturas para o cambio ou a anovación da presidencia e xunta directiva.
  4. Resumo e propostas sobre diversos asuntos.
  5. Aprovación da acta de sesión co visto bo da nova xunta directiva.
  6. Rogos e preguntas.

Trataremos en todo momento de respectar ao máximo os horarios da institución que amablemente nos acolle. Sabendo isto e contando coa vosa axuda, tede en conta que:

  • Tal e como se recolle nos estatutos (dos que se xunta enlace de acceso), só poderán exercer voto na asemblea as persoas socias, e no caso particular da votación concreta para á elección da presidencia, as persoas socias con alomenos 1 ano de antigüidade tendo como data de referencia o propio día da asemblea.
  • As persoas interesadas en presentar candidatura á presidencia ou anovar a actual deberán presentarse na asemblea (punto 3) dándoselles tempo para detallar a súa candidatura.
  • Debemos facer o posible para finalizar no horario de mañá e rematar non máis tarde das 14’00 horas, (no caso de non ser posible continuaríase en horario de tarde).
  • Finalizada a sesión de mañá, teríamos un xantar festivo e de convivencia nalgún dos restaurantes da zona.
  • A fin de saber con canta xente podemos contar para os distintos actos programados e o aforo que imos ocupar, precisamos que remitades as persoas interesadas en participar un correo electrónico de confirmación ao enderezo contactar@tadega.net non máis tarde do 25 deste mes indicando as persoas que, no seu caso, asistirían.

Agradecendo de antemán o esforzo, atención e compromiso, recibide un cordial e afectuoso saúdo.

Juan J. Fedez. García
Pte. de TADEGa

Referencias que se citan:

  1. Ubicación xeográfica do Estudo Phonos na Estrada segundo Google Maps: [Enlace á ubicación xeográfica].
  2. Enlace a copia íntegra dos estatutos: [Enlace á copia en formato PDF dos estatutos].