Estampa compostelá nos redores do nadal.[D-248]

Crónicas duns premios anunciados…

Onte estiven convidado aos Premios EDUCACOMPOSTELA 2007
da man dun exquisito grupo de formación chamado Sementeira (en breve veremos na rede todo o seu activismo).

O mencionado grupo levou o primeiro premio cun interesante traballo sobre a lóxica matemática na vida cotiá en educación infantil; coordinado por Manuel Masaguer e Susana Viqueira, unha das nosas “tadeguianas”.

Acto seguido, outra compañeira tadeguiana, Susana Blanco, leva o segundo premio cun laborioso traballo sobre Plans de acollida ao alumnado procedente do estranxeiro.

¿Como é posible atopar tanta calidade nun mesmo sitio?

Para rematar, apertas, noraboas e parabéns dunha familia, TADEGa, que medra cada día; máis non só en cantidade, senón en calidade.

“As palabras as leva o vento, os feitos cambian as cousas”.
(A miña nai dixit)