Iphone coa aplicacion PICAA

Imaxe de 3 iPhone/iPod onde se mira a aplicación PICAA

Picaa: A Plataforma de Aprendizaxe Móbil

Se hai un tempo informábamos da aplicacion Picaa no App Store para iPhone, iPod touch e iPad; dende o pasado 20 de decembro contamos cunha nova versión 1.4.1 con interesantes novedades:

  • seleción do tipo de letra, incluindo fontes mais informais e de tipo “escolar”
  • nova función para xerar os sons dos elementos mediante un sistema TTS (Text-To-Speech): na edición dos elementos das actividades é posible indicar que o son se xenere automáticamente a partires do texto ou dunha cadena persoalizada (require conexión 3G ou WiFi).
  • Engadido soporte ao galego grazas a colaboracion de TADEGA. Para activalo hai que selecionar a rexión “gallego (España)” en Axustes > General > Internacional.

Dende aquí agradecemos o esforzo do equipo Picaa para termos a aplicacion en Galego e os avances da mesma. Moitas gracias

Picaa deseñouse para a creación de actividades didácticas adaptadas para alumnos con necesidades educativas especiais. Trátase dun proxecto do grupo de investigación GEDES da Universidade de Granada, creadores do sistema de comunicación aumentativa Sc@ut.

Actualmente incorpora 4 tipos de exercicios: Asociación, Exploración (Comunicadores), Puzzle e Ordenación.

O sistema deseñouse para atender á diversidade funcional de usuarios con necesidades especiais, principalmente nos niveis: cognitivo, visual e auditivo.

A aplicación é gratuita, e comenzamos a testala nos centros.

http://scaut.ugr.es/picaa/

http://itunes.apple.com/es/app/picaa/id373334470?mt=8#