Pictograma sclera do traballo na linguaxe na aula

TADEGa organiza, en colaboración co Centro de Atención Psicopedagóxica e Apoio Educativo (APAE), un curso de estimulación da linguaxe oral e escrita.

A idea central está baseada no concepto de linguaxe como unha capacidade que require estímulos para o desenvolvemento ideal e eficaz, non esquecendo que algúns/as nenos, dadas as súas características persoais precisan de atención específica.

A lingua é un comportamento máis, e como tal se relaciona cunha condición precedente e un efecto ou consecuencia sobre o medio ambiente, polo que é moi importante o uso de reforzos para axudar a manter este comportamento desexable.

A través de este curso pretendemos a concepción da linguaxe como unha habilidade estructurada en fonética/fonoloxía, morfosintaxis, semántica e pragmática, e é de gran importancia darse conta de que esto é sempre igual, independentemente do neno ou do trastorno que padeza, polo que a avaliación e a intervención será sempre a misma, e irá marcada polas características personais e do desenvolvemento de cada un dos nenos, nunca polo seu trastorno.

Dada a interrelación entre linguaxe oral e o escrito, aprenderemos a estimular tanto un coma outro, e empezaremos a ser conscentes de cómo os nosos alumnos adquiren ambas habilidades apoiándose tanto na oralidade como na escrita. Esto é de gran importancia cando traballamos con neno/as de Educación Primaria, tanto para previr como para intervir en casos de Trastornos Específicos da Linguaxe escrita (dislexia)

Preténdese dotar ao profesorado das ferramentas necesarias para estimular a linguaxe dos seus alumnos/as dun xeito eficaz tanto na aula ordinaria coma na aula específica, que aprendan a elaborar o seu propio material e que saiban variar os seus materiais en función dos avances obtidos.

Contidos do curso

Consideracions xerais:

  • Estimulación da linguaxe: Causas e consecuencias. Detección de alteracions
  • Definición de trastorno
  • Desarrollo evolutivo da linguaxe de 0 a 3 anos
  • Cómo elaboramos un plan de intervención de 0 a 3 anos
  • Avaliación da linguaxe: Qué availiamos, cómo facelo e quén
  • Intervención na aula específica e intervención na aula ordinaria

Componentes da linguaxe:

  • Fonética/Fonoloxía: Definición e intervención (Teoría e práctica)
  • Semántica: Definición e intervención. (Teoría e práctica)
  • Morfosintaxis: Definición e intervención. (Teoría e práctica)
  • Pragmática: Definición e intervención. (Teoría e práctica)
  • Cómo elaboramos un plan de intervención a partir dos 3 anos

Adaptacions metodolóxicas para:

  • Trastornos da articulación: Dislalia, disartria, disglosia
  • Retraso na adquisición da linguaxe
  • Trastornos específicos da linguaxe oral (TEL): Retraso da linguaxe, disfasia
  • Trastornos da fluidez e o ritmo: Tartamudez, disfemia, farfulleo, disritmias
  • Trastorno específico da linguaxe escrita (dislexia)
  • Trastornos da linguaxe e a comunicación asociados a: Trastornos xeralizados do desenvolvemento, Síndrome de Down, Habilidades intelectuais baixas, Parálise cerebral, Deficiencias auditivas
  • Recursos TIC

Solicitada a homologación de 10 horas pola Consellería de Educación da Xunta de Galicia.

Ligazóns