10 de decembro, día mundial dos dereitos humanos

10 de decembro de 2010

Unha experiencia con Xandre nos centros. A inclusión como dereito educativo

Celebrado o 10 de decembro dende hai tempo (1950, resolución 423-V da asemblea Xeral das Nacións Unidas), o día mundial dos dereitos humanos ten nos centros de ensino un espazo privilexiado mediante a realización de diferentes actividades. Así, o que as Nacións Unidas promulgaron pode tomar corpo nas nosas conciencias e nas nosas aulas.

Pé de media (e descrición alternativa): Vídeo sobre como se fixo Xandre feito cunha presentación de fotos dos distintos momentos. Ao longo da metraxe pódense ler letreiros que suman o seguinte texto: Como se fixo Xandre o elefante sen sombra. Con… moita ilusión, moito agarimo, moito traballo, e… altas doses de pracer estético. Non sería posible sen a colaboración de… Andrés Caamaño, Frank Eijo, Paco Díaz, Rafa Sánchez Agustino, Valentín Torrado, Xavi Seco, Ana, Antón, Luis, Manuel, Mariña, Mauro, Rosa, (e o grupo de Contos). Graciñas, TADEGa.net

Dende a asociación TADEGa enviouse unha proposta a todos os centros do ensino galego: que o día 10 de decembro amosen nas súas aulas o conto: Xandre, o elefante sen sombra. Un conto adaptado, accesible e usable, para espertar en cada un de nós a necesidade da presencia de todas as persoas con ou sen discapacidades. Unha inclusión natural, un xeito de convivir, de ser e de estar.

O conto, como sabedes, está nesta web de Xandre (e dentro del, ver menú principal O conto) así como as actividades, e incluso algún engadido máis (audios, vídeos, textos e debuxos para imprimir, etc.) Tamén se pode mercar a pulseira USB co conto xa grabado á que tamén se pode acceder dende o menú principal desta web.

No caso de querer visualizarse directamente, recoméndase que uns días antes se probe nos mesmos ordenadores para deixar descargado todo o material previamente evitando así conxestións no ancho de banda cando todos os centros se conectasen á vez.

Igual con tanto éxito tirades coa nosa web abaixo, estaría ben, pero faremos canto estea na nosa man para evitar todos os trastornos que podamos.

Graciñas por ser e por estar.

Comparte este artigo

Deixar un Comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes usar: HTML etiquetas e atributos: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>
*
*

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.