Éxito no tratamento da dislexia

[D-230]

Springboard for Children é unha organización benéfica fundada en 1992 nunha escola primaria de Peckham, sudeste de Londres que está a traballar de xeito eficaz no tratamento das dificultades na aprendizaxe da lectura e a escrita. Debido ós bos resultados, a experiencia extendeuse a unha ducia de escolas de zonas socialmente desfavorecidas nas cidades de Londres e Manchester. Este proxecto pioneiro no Reino Unido está a ter un gran éxito, axudando a centos de nenos e nenas disléxicos.

Os nenos que participan neste proxecto reciben dúas sesións de apoio semanal de 40 minutos cun titor especializado. As sesións soen ser individuais ou en pequenos grupos. Desenvólvense programas de educación adaptados a cada alumno e as súas necesidades específicas.

Springboard emprega un equipo de titores cualificados e un grupo de voluntarios locais que reciben capacitación e formación para asegurar que cada neno reciba un alto nivel de axuda.
A clave destes resultados tan positivos reside na actuación inmediata, intervinse en canto é detectado o problema, na atención individualizada durante o período de aprendizaxe e na utilización de métodos e técnicas innovadoras que melloran as habilidades dos cativos. Estas baséanse en afianzar a autoestima dos alumnos, deteriorada pola ansiedade e frustración que lles provocan as súas dificultades.

Enlace á web de Springboard

Unirse á conversa

2 comentarios

  1. Ola Belén.

    Os demais ao mellor non o pillan pero é igual, é para tí. As miñas máis sinceiras felicitacións. Accesible 100%. Incluso pasando 3 validadores archicoñecidos (eXaminator, Taw, HTML Tidy, e Hera). Amén das validacións de HTML e CSS. Só houbo que tocar as etiquetas [ <q>...</q> ] ás que lles faltaba o idioma inglés. Polo resto perfecto.

    Estaba seguro de que habías de ser a primeira.

Deixar un comentario

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.