Asomarse ao autismo

Un logotipo posible sobre o autismo.[D-229]

Eu non sei como pensan os demais sobre todo isto da discapacidade e sobre cada un dos seus aspectos. Supoño que cada quen faise unha idea propia sobre como viven as persoas con discapacidade ou como sinten, tanto eles como os seus familiares máis achegados, ou tamén, que podemos ou debemos facer, ou como nos debemos conducir, os que non coñecemos estas situacións de primeira man.

O certo é que a miña curiosidade sempre foi enorme por todas istas situacións (se hai algo que sempre tiven grande foi a curiosidade) e, dentro de todo iste mundo, o autismo (e todas as afectacións por algún trastorno dentro do espectro autista) sempre foi para min o máis desconcertante. ¿Qué bule detrás deses ollos que rexeitan mirar aos meus? ¿Como entende un coche de xoguete un rapaz que o usa para mover as rodas durante horas sen parar pero nunca para facelo rodar polo chan? ¿Por que escapan á comunicación verbal? ¿Por que insisten tanto, e que pracer lles causan, os movementos rítmicos, ou estar ordenando milimétriamente os obxectos, ou quedar pasmados mirando á luz ou á auga? ¿Por qué fan como se non estiveses, aínda que saben de sobra que estás alí? ¿Por qué prefiren cen mil veces coller un vaso de auga escalando mil obstáculos, no canto de pedircho a ti directamente que estás a só uns centímetros? ¿Por qué nunca amosan os seus sentimentos pero si as súa ansiedade e excitación? ¿Por que lles é moito máis doado expresarse con imaxes que coas palabras? ¿Por qué…?

Eu non sei se os demais se fan todas istas preguntas (e outras tantas que teño nos miolos dando voltas e reviravoltas sen parar), pero si sei que, se alguén tratase paseniñamente de dar respostas dun xeito sinxelo que todos poidamos comprender, creo que todos o agradeceriamos moito, e creo tamén que moitas condutas impropias de moita xente causadas pola iñorancia desaparecerían.

Con tal motivo, velaiquí que os cadernos de bitácora amigas rexentadas por nais de nenos e nenas con autismo, fixéronse eco istes días dunha serie de 3 vídeos emitidos pola segunda cadea de televisión española a horas moi imprudentes do pasado sábado na serie “Noite temática”. Dende aquí vaia o meu agredecemento ás bitácoras de Mamiago (1) e de Mi Ángel sin voz (2) pola súa voz de aviso ante tal evento, e a posibilidade de que poidamos todos, ver e escoitar estes vídeos que xa nos teñen preparados nas súas bitácoras.

Non colgo aquí os vídeos, prefiro que vaiades vós mesmo a estas bitácoras e así, lle votades unha ollada tanto aos vídeos como ás bitácoras, que ben paga a pena. Velaiquí tedes os enlaces:

Novamente, grazas.
Juan.

Comparte este artigo

3 Comentarios

  1. As noticias corren pola rede, como billas abertas. Xa me pesou non haberme decatado do programa antes de que o emitisen, pero como son as cousas, isto da internet é algo bo, a comunicación é total e rapidamente decatámonos das noticias, iso é bo moi bo. O mesmo sábado, houbo outro documental na galega, tamén sobre autismo, creo que foi o sábado, haber se o dou localizado…

  2. Ben que corren… iso e bon como ti dis. No tocante ao documental se o emitiron está gardado… vou mirar eu tamén se o vexo.

Deixa una resposta a Juan Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes usar: HTML etiquetas e atributos: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>
*
*

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.