Axiña Aumentativa.net en galego

[D]

Nestes días, unha equipa de 4 docentes galegos están a facer a traducción de Aumentativa.net ao galego. Trátase dun servizo web moi útil para a atención á diversidade, e máis en concreto, naqueles entornos nos que a comunicación convencional da fala e da escrita non é posible: Este servizo é un espazo de recursos para a comunicación aumentativa. Aquí ponse á disposición do usuario materiais para descargar, de base pictográfica e fotográfica, unidades didácticas multimedia, animacións, xeración automática de materiais multimedia on-line, xeración automática de materiais curriculares impresos, actualización semanal de pictogramas e imaxes, solicitude de pictogramas á carta, etc. Máis información a temos na mesma web www.aumentativa.net

E cando falamos dunha base de datos de imaxes pictográficas estamos a falar, nada máis e nada menos que de 3260 pictogramas asociados a 15468 palabras a día de hoxe, xa que esta base de datos está a medrar constantemente grazas ao traballo dos integrantes deste proxecto.

Non están aínda fixadas as datas de cando estará todo este traballo en galego, pero os traballos están moi avanzados.

Comparte este artigo

1 Comentario

  1. Dado que o material en galego é escaso, esta iniciativa está realmente moi ben.

Deixa una resposta a sandra Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes usar: HTML etiquetas e atributos: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>
*
*

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.