Ilustración de Xandre

Pé de medio (e descrición alternativa): Ilustración de Xandre, o elefante sen sombra.

Fai xa uns meses que puxemos aquí mesmo un vídeo e o relato da súa experiencia. Unha resposta que o alumnado do CEIP Sal Lence lle presentaba a Iago polo seu vídeo sobre os dereitos da infancia.

E aínda que a historia podería quedar aí, deu as súas voltas. Iago veunos ver ao cole e o alumnado deste segundo curso de primaria desfrutou nunha experiencia que agora vos contamos con esta nova versión do vídeo que agora vos presentamos xa máis completo.

Non é aínda a definitiva xa que estamos enredando para mellorar os audios e os vídeos que teñen algunhas carencias, ademais de acurtarlle unha miguiña a duración do mesmo, pois neste momento é de 11 minutos con 40 segundos e os señores de Youtube non admiten producións que sobre pasen os 10 minutos. Así que, polo de agora, teremos que conformarnos coa versión do Facebook e, ao longo do verán, haberá algúns retoques para logo presentar a versión definitiva.

Agardamos que vos guste.