Da banda de Lugo 😉 chéganos a nova de EnPathia, desenvolta por Eneso.

Eneso desenvolve produtos de apoio para persoas con diversidade funcional. Tecnoloxía para a autonomía e a integración. Xa o temos pedido, pero mirade unha mostra:

Pé de media (e descrición alternativa): Un vídeo no que dende o fogar dun rapaz en cadeira de rodas manexa o seu ordenador cun conmutador de boca e un sistema ENESOao tempo que se describe o sistema e o seu proxecto e outros dispositivos do mesmo.

Máis información