Aprobada a lei da lingua de signos
[D-199]
Aprobada a lei que recoñece a lingua de signos e os sistemas de apoio á comunicación oral
Seguindo unha atenta lectura do que se publica nos cadernos de bitácora amigos, atópome hoxe domingo con que o noso amigo Domingo (curiosa homofonía) ben de publicar unha noticia moi salientable no seu caderno de bitácora ( http://domingomendez.blogspot.com ). O pasado 10 de outubro aprobouse por unanimidade a lei que recoñece a lingua de signos e os sistemas de apoio á comunicación oral.
Facendo unha sinopse a vista de paxaro poderíamos sintentizala nos seguintes puntos:
- Recoñécese legalmente a lingua de signos española.
- As administracións educativas facilitarán a aprendizaxe da lingua de signos española e dos sistemas de apoio á comunicación.
- As persoas xordas e con discapacidade auditiva poderán solicitar intérpretes e medios de apoio á comunicación nos servizos básicos.
- Créase o Centro de Normalización da Lingua de Signos.
- O Centro Español do Subtitulado e a Audiodescripción, xa en funcionamento, impulsará a accesibilidade dos produtos audiovisuais.
Dentro do que máis nos afecta aos educadores debemos indicar que, tal e como se informa na web do MTAS (Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais):
Polo que se refire á aprendizaxe, o proxecto de lei establece que as administracións educativas disporán o necesario para promover a aprendizaxe da lingua de signos española ao alumnado xordo, con discapacidade auditiva ou xordocego que libremente opte por esta lingua. No caso de que esta persoa sexa menor de idade ou estea incapacitada, a elección corresponderá aos pais ou representantes legais. Ademais, garantirase a aprendizaxe da lingua oral e dos medios de apoio á comunicación ás persoas xordas, con discapacidade auditiva e xordocegas usuarias destes sistemas.
Máis información:
- Na web do propio MTAS: http://www.mtas.es
- Texto da lei en formato PDF: Enlace á Lei publicada no BOE.