Pacto pola Educación cancelado

O actual ministro de educación falando do Pacto Educativo en deliberación.

Pé de media (e descrición alternativa): O actual Ministro de Educación falando do famoso Pacto Educativo obxecto de debate, novamente, neste artigo.

Non hai dereito

Hoxe o noso amigo Domingo Méndez publica un artigo na súa bitácora que di así:

No puedo por mas compartir mi decepción con muchos docentes por el no consenso sobre el pacto educativo, se me hace cuesta arriba entender las razones que nos dan para no llegar a ese gran pacto, creo que estamos jugando con el tiempo y, lo que es peor, con uno de los activos más importante de cualquier sociedad , la educación de sus jóvenes.

No podemos ir dejando pasar el tiempo sin atajar el tema educativo de manera seria y rigurosa, deberíamos todos los docentes exigir ese gran pacto educativo, es necesario, es urgente y es inevitable llegar a él. Todos los docentes tenemos que aunar nuestras voces y exigirles a nuestros representantes que esto de la educación no es un juego de niños, ni de políticos mediocres e incapaces que no están a la altura de lo que su país les pide. Hoy es un mal día para la educación de este país, luego que vengan exigiendo a los docentes, que se les llene la boca de educación y escuela, cuando muchos de ellos no saben ni de lo que hablan.

Pois iso, que Domingo ten máis razón ca un santo. Suscribo as súas palabras ao 100%.

Aos que puxeron paos nas rodas para que este carro non andivese non se lles pode chamar outra cousa máis que marulos, incompetentes e arrogantes.

Estabamos a piques de chegar a un punto no que cada quen deixaba atrás modelos propios para chegar a un común. Estabamos nun punto en que, ao fin, se recollía con respeito a atención á diversidade na súa integridade e coa inclusión como eixo central. Estabamos achegadiños a un punto no que berrar ¡Ao fin chegamos! Pero catro marulos que xogan con arrogancia dixeron (como algún neno e nena con cueiro dos nos nosos patios): Como digo eu ou nada. E alá foi todo pola cisterna abaixo.

Panda de marulos.

Juan José Fernández García.
Mestre con 28 anos de servizo.
Titor de primaria.

Comparte este artigo

1 Comentario

  1. Cando antepor os intereses propios ao ben común é o obxectivo, non pode haber pacto, acordo ou, nin sequera, pretender remar na mesma dirección.
    Cando un pacto de mínimos, extremadamente cativo e raquítico, entendo eu, se ofrece e o único que ven algúns é unha oportunidade para amolar ao seu rival, non podemos esperar nada.
    Cando será o día que retiremos recoñecemento, apoio ou complacencia a esta xente que o seu único afán é enfastiar ao semellante.
    Ata cando?

Deixar un Comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes usar: HTML etiquetas e atributos: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>
*
*

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.