III Xornadas sobre trastornos da linguaxe na UDC

Os departamentos de Psicoloxía Evolutiva e da Educación e o de Filosofía e Métodos de Investigación na Educación da Universidade de A Coruña, organizan as III Xornadas sobre Trastornos da Linguaxe oral e escrita e as I Xornadas sobre voz.

Alí poderemos escoitar entre outros a Francisco Alcantud, Juan Jiménez, Miguel Puyuelo, Josep Rovira e o bello amigo de tadega, Mr. Fonoll. Gracias a Marisa, Teresa e Pilar por organizar unha xornadas de tan altísima calidade, parabéns.

Datos das xornadas

  • Inscricións: Impresos na Conserxería e remitilos a Marisa Gómez Taibo no enderezo marisa@udc.es.
  • Data: 29 e 30 de outubro de 2007.
  • Lugar: Salón de Actos da Facultade CC Educación Elviña – A Coruña.
  • Páxina web: III Xornadas Trastornos Linguaxe UDC