Leo na folla parroquial da Coruña que a Vicepresidencia da Xunta convocou o concurso Coid-arte, que premiará a creatividade dos traballos fotográficos das persoas dependentes e as boas prácticas de entidades públicas e privadas que promovan a autonomía persoal e a atención á dependencia. A convocatoria, publicada hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG), indica que Coid-arte estará dividido en dúas modalidades, o concurso de fotografía e o de boas prácticas.

A finalidade deste concurso é, segundo a publicación do DOG, é fomentar a participación das persoas en situación de dependencia «posibilitando un marco de exposición das súas inquietudes artísticas» e divulgar as iniciativas de entidades que promoven a autonomía e a atención ás situacións de dependencia. coid-arte

image_pdfimage_print