Logotipo e imaxe da asociación Bule BuleA asociación Bule-Bule é unha asociación sen ánimo de lucro, de pais de nenos e nenas afectados por un déficit de atención con ou sen hiperactividade. Buscan o coñecemento destas características nos nenos por parte das institucións públicas, pais, mais, mestres, profesores e demais educadores; así como unha sabedora no eido do social para con eles. É dicir, colaborar cos traballos, estudos e integracións que favorezan o coñecemento da problemática do TDAH (Acrónimo de Trastornos por Déficit de Atención e Hiperactividade).

Ofrécennos para as seguintes datas unha parella de actividades, inda que similares, moi complementarias.

En primeiro lugar o 16 de abril, celebrarán en Lugo unha conferencia das 16:00 as 19:00 horas no centro cultura Caixa Galicia na Praza de Santa María co relator Don José Ramón Gamo Rodríguez, mestre especialista en audición e linguaxe, director técnico da fundación Educativa e director psicopedagóxico do Proxecto Lumen. Entrada libre

Aquí tedes o cartaz informativo. (en formato PDF).

En segundo lugar e non menos interesante temos un programa formativo para pais e educadores con catro talleres nas seguintes datas: 6 de marzo, 10 de abril, 8 de maio e 5 de xuño, e serán en sesión intensiva polas mañas dos sábados antes mencionados. O acceso será gratuíto para socios/as e para non socios/as será de 10 euros por persoa ou 15 por parella. Si queredes ampliar información sempre poderedes consultar a súa páxina web, tanto por estas actividades como por buscar información da sociedade, máis actividades, talleres, ligazóns, información sobre o trastorno… non perderedes o tempo.

De tódolos xeitos déixovos a información de contacto:

  • Asociación Lucense de Afectados polo Déficit de Atención, Hiperactividade e Trastornos da Conducta.
  • Teléfonos: 617 355 442 / 617 355 826 / 982 20 33 16
  • Correo electrónico: bulebuletdah@gmail.com