Logotipo do E-Hospital [D]

E-Hospital é un proxecto financiado pola Comisión Europea no marco o programa Socrates/Grundtvig1, no que participan institucións educativas de Austria, Francia, Alemaña, Polonia, España e Suíza, baixo coordinación da institución austríaca Die Berater. Por parte española participan o Grupo de Innovación e Tecnoloxía Educativa da Universidade de Santiago de Compostela e a área de e-learning do Centro de Supercomputación de Galicia, ademais da colaboración do Complexo Hospitalario Universitario Juan Canalejo da Coruña, onde levouse a cabo a experiencia.

Este proxecto ten como un dos seus principais obxectivos analizar o papel do e-learning (aprendizaxe electrónico) na formación a adultos hospitalizados de longa duración. Tras as experiencias de e-learning, elaborarase unha guía de boas prácticas con recomendacións para educadores que queiran traballar neste campo.

Esta é unha experiencia educativa pioneira, posto que non existe ningunha investigación similar a nivel mundial no ámbito da formación de adultos en institucións hospitalarias, posta en práctica de modo simultáneo entre setembro de 2006 e maio de 2007 nos seis países que participan no proxecto con características diferenciais entre eles. No caso de España, impartiuse un curso de 5,5 créditos, recoñecidos pola USC, centrado en aspectos básicos de informática e ofimática
(“Curso básico de Tecnoloxías da Información e das Comunicacións para a alfabetización digial”).

No marco desta experiencia, no caso español, durante a realización do curso piloto, formáronse a 13 pacientes da Unidade de lesionados Medulares do Hospital Juan Canalejo da Coruña. O próximo mes de setembro a Universidade de Santiago de Comopostela outorgará os correspondentes certificados a todos os alumnos participantes nesta iniciativa.

Froito da experiencia educativa exitosa levada a termo tanto a partir do punto de vista dos alumnos como das profesionais médicos e pedagogos, as institucións españolas participantes no mesmo contemplan a ampliación ampliar do marco da experiencia máis alá do proxecto europeu.

Para máis información, envíen un correo electrónico a e-learning@cesga.es ou visiten a páxina Web do proxecto: http://www.ehospital-project.net