[D]

Pois xa se comentaba na lista de correo, despois de moito insistir a BN (Biblioteca Nacional) e reformular algunhas “cousiñas”, as nosas contribucións (Documentos de interese) xa son recoñecidas co devandito ISSN (International Standard Serial Number).

ISSN: 1988 – 3137

Pero…¿para que sirve?

O número e unha referencia de identificación de publicacións normativizado, que facilita o control por parte de axentes e institucións para a súa comercialización (leáse edición e distribución) ou baremación (leáse méritos, concursos oposicións,…). Ao mesmo tempo dalle un sentido corporativo a plataforma ao ser recoñecida “no fondo e nas formas” nas súas contribucións, por estamentos validadores, como é o caso da devandita BN.

¿Queres colaborar? Pasate por (Documentos de interese). Experiencias, reflexións, iniciativas, innovacións, escolmas de recursos…teñen cabida.

Grazas a todos polo esforzo adicado!!!

Nota: Alguén nun correo preguntou, ¿para cando a versión impresa?…amodiño, amodiño todo se andara 😉 . Nestes momentos, xa estamos traballando nunha base de datos que xestione todas as contribucións con diferentes criterios.