A Universidade de Córdoba presenta o primeiro sistema operativo libre para iFreeTablet.

A rolda de prensa retransmitirase por Internet desde a nova Web do produto: www.ifreetablet.com

Hoxe xoves, 4 de febreiro, ás 11.30 horas na Sala de Prensa do Reitorado da Universidade de Córdoba terá lugar a presentación do sistema operativo SIESTA, deseñado para ifreetablet polo grupo EATCO da Universidade de Córdoba. O novo sistema de software libre é o resultado do proxecto de investigación IPTV Municipal que dirixe o grupo EATCO, financiado polo Programa Avanza do Ministerio de Innovación en colaboración co Concello de Córdoba, a Fundación Rede Especial España e as Deputacións de Córdoba e Granada.

Imaxe dun dedo actuando sobre o iFreeTablet

iFreeTablet e maxe dun dedo actuando sobre iste dispositivo táctil

Ao acto asistirán o director do grupo EATCO, Carlos de Castro, a presidenta do Consello Social, Anabel Carrillo, e o director xeral de Graef, distribuidora do hardware, José Gurrea.

SIESTA pretende servir de ponte que rompa a brecha dixital existente entre os usuarios avanzados entusiastas da tecnoloxía e da Web 2.0 e aquelas persoas que xamais utilizaron un computador persoal. Para lograr este obxectivo conxúganse funcionalidades avanzadas cunha interfaz altamente intuitiva. SIESTA está baseado en software libre. Isto significa que poderá evolucionar coas achegas da comunidade de desarrolladores do software libre.