Hoxe pola mañá chegoume isto ao correo:

Ediga[D]

Estimados compañeir@s
Acaba de ver a luz unha nova experiencia que un grupo de docentes de diferentes lugares de Galicia intentamos levar adiante sobre o traballo que realizamos cos Encerados Dixitais Interactivos.

Trátase de EDIGA (http://www.ediga.net/ ).

Pretendemos que este sexa un punto de encontro, un lugar onde poidas atopar información, ver o que fan compañeiros e compañeiras doutros centros, onde intercambiar opinións, actividades, tarefas, formación,… esperamos dar resposta a todas as dúbidas que teñas.
Pero o máis importante é que esperamos que participes, colabores, aportes cousas, opines… todo o que ti queiras. Podes inscribirte dende o propio blog ou ben colaborar dende o apartado Colabora con nós.

Gracias por deixarnos entrar un anaquiño no teu ordenador e esperamos volvera verte.

EDiga (grupo de usuarios de Encerado Dixital Interactivo de Galicia)

Coido que é unha proposta moi interesante, aínda que vaia teima ten a xente en asociarse…¿non creedes? 🙂

Nota: Alguén sabe algo máis disto???? 🙂