Imaxe do xefe de Apple cujn iPad na man

Steve Jobs na presentación do iPad mostrando un coas mans.

O primeiro foi o iPad de Apple, pero iste 2010 do que levamos un mes será dende logo o da proliferacion de dispositivos táctiles.

Ultraportátiles táctiles, e-books… a medio camiño entre ordenador e teléfono móbil ata Google saca o seu… o Nexus One

Movil_Nexus_One_Google

Imaxe dunha man suxetando un Movil Nexus One de Google

E estade atentos porque as distintas empresas xa teñen preparadas as súas propostas: Dell, Lenovo, MSI…. e tamén o Grupo EATCO da Universidade de Córdoba, a Fundación Rede Especial España (FREE) e a Asociación de Entidades de Tecnoloxía de Apoio para a Autonomía Persoal (AETAP) en colaboración con CPMTI S.L. e CIMA S.L. presentaron un produto na mesma liña, o iFreeTablet, baseado en software libre e apto para uso educativos profesional e lúdico por parte de calquera persoa, aínda que deseñado para que persoas con dependencia poidan utilizalo con certa facilidade.

Imaxe dun dedo actuando sobre o iFreeTablet

iFreeTablet e maxe dun dedo actuando sobre iste dispositivo táctil

Este ordenador ultraportátil de baixo custo con formato de tablet ten unha pantalla táctil de 10,2 polgadas cunha resolución de 1.024 x 600 píxeles, opera cun procesador Atom N270 a 1,6 GHz, disco duro de 160 Gb, Ethernet, Wi-Fi, cámara de 1,3 Mpíxeles, 3 portos USB, saída VGA, lector de tarxetas de memoria, opción 3G, unhas medidas de 28 x 18 x 0,24 centímetros, un peso de 1,03 quilogramos e unha autonomía de 2,5 horas. O equipo xa pode reservarse, e agardan que o seu prezo estea entre os 300 e os 400 euros, aínda que non concretan a súa data de lanzamento.

Como din na súa web: “A alternativa en software libre ao tablet de Apple”

www.ifreetablet.es

PD.: Sí, xa está reservado 😉 E en galego?