O pacto educativo

A plataforma

Un grupo de nais e pais de nenos e nenas con diversidade funcional estamos creando unha plataforma pola Inclusión a nivel nacional. A idea da plataforma xurde polo abandono ao que están sometidos os nosos fillos e fillas en tódolos eidos da política do noso país.

A primeira acción desta plataforma é reclamarlle a tódalas administracións do territorio español unha educación inclusiva de calidade. Vemos que os nosos fillos son novamente excluídos á hora da redacción do Pacto Educativo. Non se nomea para nada ningunha actuación que contemple as necesidades que sabemos que se deben cubrir. Os nove puntos deste pacto que pregoan os políticos son:

Bla, bla, bla...

Pé de media (e descrición alternativa): debuxo alegórico titulado como -Bla, bla, bla...- ao debuxarse a palabra -bla- chea de pelos, con patas é as a modo de mosca, e en referencia a outro pacto educativo máis que non é capaz de nacer con bo pé.

O mal pacto educativo que se está a formar

  • Cultura do esforzo. Propiciala, así como a esixencia e unha política de calidade sostida no coñecemento, as competencias e os valores.
  • Impulso das bolsas. Recoñecer os logros da universalización da educación e garantir unha política de bolsas que garanta a igualdade de oportunidades.
  • Flexibilidade. Facer o sistema moito máis flexible e máis integral, que relacione as etapas educativas.
  • Un ensino máis individualizado.
  • Fracaso e abandono. Loitar contra estes dous problemas. Incidir nas causas e propostas e facer innovacións en medidas educativas e sociais.
  • Escolarización temperá. Harmonizar o sentido e as condicións da etapa de tres a seis anos para loitar contra o fracaso.
  • FP integral. Lograr cualificacións máis específicas e vinculadas ás demandas sociais e que os centros estean vinculados ao desenvolvemento dos territorios.
  • Modernización. Promover a aprendizaxe a través das novas tecnoloxías e potenciar o de idiomas.
  • Universidade internacional. Promover a agregación e a excelencia e definir un modelo de financiamento para ela.
  • Profesorado. Apoiar a figura do profesor, a súa formación permanente, dotarlle de recursos e promover a carreira docente.

Como contestación a isto temos un blog para recoller firmas e con modelos de cartas para enviar ás forzas políticas e a institucións que teñen na súa man que se reforme este pacto educativo.

O que nós demandamos para os nenos e nenas con diversidade funcional é que que a totalidade dos Centros Educativos teñan asegurada a accesibilidade en xeral:

  • A física: Adecuación de contornas físicas utilizables para todos.
  • Axudantes Técnicos Educativos que asuman: o apoio nas distintas actividades básicas da vida diaria dos nenos como ir ao baño, apoio en comedor, cambio de roupa para actividades deportivas, desprazamento e apoio na aplicación na aula das actividades programadas para o alumnado, así como en excursións, no recreo e calquera actividade extraescolar.
  • Incorporación das TIC (Tecnoloxía da Información e Comunicación) ás aulas, asegurando a accesibilidade aos nenos con diversidade funcional cos apoios que requiran tanto de hardware como de software.
  • A incorporación de profesionais cualificados para nenos con necesidades especificas que necesiten atención especializada, independentemente de que a súa diversidade sexa física, sensorial ou intelectual.
  • Formación para todo o profesorado en diversidade funcional, e atención ás necesidades educativas especiais, así como en Educación Inclusiva como recolle o Artigo 8 da Convención, Toma de conciencia. Non é admisible nin legal que España, ratificando no ano 2008 a Convención da ONU sobre os Dereitos das Persoas con Discapacidade, non poña ao dia a súa política educativa segundo a normativa desta Convención. Non estamos dispostos a admitir máis discriminación por motivo de discapacidade; son os centros e o sistema educativo quen deben cambiar, non os nosos fillos. Os nenos con diversidade funcional teñen que ter todos os recursos necesarios para poder despregar todo o seu potencial, xa que o sistema educativo debe ser unha ferramenta ao servizo da educación de TODOS os cidadáns.

RECTIFICACIÓN Y EDICIÓN POSTERIOR:

Ayer, 28 de enero se ha hecho público el borrador de trabajo de la Conferencia Sectorial de Educación, a partir del cual se sigue trabajando para llegar a un Pacto Social y Político por la Educación. Con emoción, hemos comprobado que EXISTIMOS, nuestros hijos existen, y que merecen la pena los esfuerzos de cada uno de nosotros, merece la pena apostar por la VISIBILIDAD, y por los DERECHOS HUMANOS DE NUESTROS HIJOS. En el borrador…que ayer se ha presentado aparece un décimo punto, nuestro décimo punto.

10- Fomentar la educación inclusiva, el reconocimiento de la diversidad y la interculturalidad, y procurar los medios y recursos adecuados para garantizar la plena incorporación e integración, en condiciones de igualdad de oportunidades, de los estudiantes con necesidades específicas de apoyo educativo.

Estamos trabajando muy duro, para que nuestras propuestas, las propuestas de todos, lleguen a los agentes firmantes del pacto.

Pronto podremos publicar un documento en el que estamos trabajando que desarrolla los principios esbozados en la carta dispuesta para su firma, y que puede resumirse en algo tan simple como que queremos una educación digna y en igualdad de oportunidades para los niños españoles con diversidad funcional.

Este es el primer paso, tenemos que seguir. Porque juntos po-de-mos, a la vista está, os seguimos pidiendo firmas, difusión y que pidáis la implicación de asociaciones, entidades, sindicatos, organizaciones de vuestro entorno.

Gracias desde el corazón y con el corazón por cada una de las 4072 firmas que hay cuando escribimos estas líneas. Gracias a todos los que nos han escrito para además de firmar, dejar constancia de su apoyo expreso.

Gracias a todas las personas que gestión a gestión están haciendo que entre todos consigamos siempre ser visibles.

Enlaces que se citan

Comparte este artigo

Deixar un Comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes usar: HTML etiquetas e atributos: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>
*
*

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.