O MACUF (Museo de Arte Contemporáneo Unión Fenosa) anuncia públicamente a posta en marcha de dous innovadores programas educativos, que propoñen a utilización da arte contemporánea como medio terapéutico e de integración para colectivos especialmente desfavorecidos.

Ambos programas levan meses desenvolvéndose en fase experimental, e son froito da cooperación entre o Museo e a consultoría Adaptasport, especializada en ocio e participación para afectados por diversidade funcional. Entendemos que este enfoque interdisciplinar, case insólito no ámbito museístico español, abre un novo e ilimitado campo de acción ás profesionais da educación artística.

A diferenza do modelo aplicado noutros museos, o equipo educativo do MACUFÂ emancípase das áreas de comunicación e organización de actividades culturais, redobrando o seu compromiso con proxectos de integración, estratexias solidarias e campañas de concienciación, cun especial interese polas problemáticas da discapacidade e a inmigración.
www.macuf.es

Documento do MACUF: Programas educativos para colectivos con neeÂ