Selo a excelencia da Accesibilidade

Vía CODIGOCERO.

[D]

Dende agora, grazas a un acordo internacional (www.DiarioSigno.com) asinado pola Asociación Española de Normalización e Certificación (AENOR), o Centro Tecnolóxico da Información e a Comunicación (CTIC), e o Instituto Europeo de Software (ESI Tecnalia), as páxinas e portais existentes en Internet poderán optar a un certificado de calidade que acredite a súa accesibilidade establecida conforme ás normas. Combinando sistemas de revisión automática (véxase o exemplo de TAW) con metodoloxías de inspección manual para asegurar que cumpren en todo momento coas pautas de accesibilidade e (de ser así), achegar un selo de excelencia a súa presenza en Internet.

Esta nova certificación servirá ademais como guía de apoio á hora de definir os requisitos de contratación e como distintivo de confianza para os usuarios.

Comparte este artigo

3 Comentarios

  1. Sería bon saber do procedemento a seguer (no caso de que os usuarios particulares) para acadar ese selo de accesibilidade pois, a moitos de nós, interesaríanos moito. Se alguén ten noticias concretas, agradeceríase.

  2. Alédome da boa marcha desta bitácora. Xa era hora de que en Galicia xurdiran iniciativas así.

  3. Queridos todos/as: Estamos abraiadas coas posibilidades que ofertan as Tic, pero prodúcenos inquietude a extrema velocidade coa que todo queda obsoleto. ¡QUÉ VÉRTIGOOOOOOOOO!!!!!!!

Deixa una resposta a Cubanito Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes usar: HTML etiquetas e atributos: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>
*
*

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.