Benquerida/o amiga/o:

Compraceríanos que o vindeiro 31 de maio, ás 12:30 horas, na Biblioteca da Obra Social Caixa Madrid, en Santiago de Compostela (rúa Casas Reais, 14), acompañásesnos na presentación do libro “A experiencia da independencia” , do que é autor Juan José Maraña. De igual xeito, neste mesmo acto terá lugar tamén a presentación e exhibición pública do documental da directora Pilar González Rams, “Dende a experiencia” , que acompaña á edición impresa deste libro.

P.D.: A Biblioteca da Obra Social Caixa Madrid (rúa Casas Reais, 14) está situada no casco vello de Santiago de Compostela, que é zona peatonal. As persoas con diversidade funcional que necesariamente teñan que acceder ata alí en vehículo propio, por favor, poñervos en contacto connosco para facilitarnos o voso número de matrícula. Tentaremos de facer xestións ante a Policia Municipal de Santiago para que fagan descender os bolardos que pechan o acceso, caso de ser necesario, ou para que o aparcamento non se vexa entorpecido.

Dirixirvos o enderezo: info (arroba) asoc-ies. org
Grazas.

Respecto das persoas que nos fixeron chegar a súa solicitude e os selos para a recepción do libro-vídeo, só rogarvos un pouco de paciencia. Estamos tratando de completar a primeira remesa de 500 exemplares, tendo en conta que a estafeta de Correios da nosa localidade non dispón de medios para envios dun certo volume e habemos de realizar isto en Santiago de Compostela.
Grazas pola vosa comprensión.
(Esto último refírese a que o libro mándase a cambio de selos de correo)