Previo LIM 3.2

Se hai uns días dabamos conta da aparición de Xandre, o elefante sen sombra, o conto interactivo feito polo grupo de Contos adaptados e accesibles en formato LIM, agora aproveitamos para comentar as novidades que veñen de xurdir no LIM 3.2 co que se fixo este conto.

[iframe http://educalim.com/probas/lim32ej/lim32ej.html 410 342]

Ademais de facer probas cos principais navegadores de Internet Firefox, Chrome, Opera e Internet Explorer, a version 3.2 ten as seguintes melloras na accesibiliade:

  • Fai unha detección automática da presenza dos lectores de pantallas Jaws, NVDA , etc. nos que se verificou o funcionamento.
  • Activa o focus de xeito automático e movémonos coa tecla Tabulador, Enter e Barra espazadora para obter información en audio da pantalla na que nos atopamos, así como dos botóns principais.
  • Ao entrar na páxina dase lectura á cabeceira, aos textos coa tecla de tabulación e ás descricións alternativas das imaxes.

Ademais hai novos tipos de paxinas, agora ata 51, con crebacabezas irregulares, etiquetas, fórmulas, novas peles e un logo etcétera, como un editor visual para as páxinas de imaxe e texto, Menú… ligazóns a internet e saltos a páxinas do libro… e o autor pode fixar o avance ou retroceso entre páxinas, pode eliminar o fondo da barra de navegación e a banda superior.

Ah! A versión 3.2 de EdiLIM tamén elimina espazos, ñ e acentos dos nomes de arquivos. Os cambia por outros caracteres, así evitamos posibles fallos en internet.

Ligazóns:

  1. Contos de Xandre: http://www.contosdexandre.net/
  2. Educalim: http://www.educalim.com/probas/edilim_gz.zip
  3. Google-Lim: http://groups.google.es/group/lista-lim
  4. Axuda Lim: http://educalim.com/probas/lim32ej/lim32ej.html

Por favor se tedes calquera suxestión ou informe de erro podedes respostar neste artigo ou no grupo Google-LIM.

Comparte este artigo

Deixar un Comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes usar: HTML etiquetas e atributos: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>
*
*

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.