Qué é isto?

Esfera do logotipo de TADEGa.

A idea deste logotipo é ben sinxela. Todas e todos dentro, todos e todas incluídos, ás mesmas distancias, accesible, usable, sinxelo.

[D]

Este é un sito web onde publicar noticias e contidos salientables coa idea de compartilos coa comunidade e para ser comentados publicamente.

Esta bitácora adícase a reflectir a vida de TADEGa.net e, polo tanto, da comunidade de profesionais da educación que a integran especialmente ocupados na atención á diversidade no seu máis amplo senso; isto é: as necesidades educativas especiais, o mundo do maior, o rural, a multiculturalidade, as altas capacidades, a marxinalidade social, e todo un longo etcétera que abrangue a moitísimas persoas coas que temos contraída unha débeda demasiado antiga: facer o hoco necesario para que teñan unha vida en igualdade de oportunidades entre todas e todos nós.

As nosas opinións son, iso, opinións persoais dos membros de TADEGa sumados aos que como visitantes queirades deixarnos. Polo tanto nunca han ser sentencias inapelables. Aquí todos estamos a medrar e aprender ¿Non si?

Preferiblemente (e non exclusivamente) en galego porque somos un grupo galego preocupado pola Educación e o Ensino en Galicia.

Aquí somos benvidas e benvidos; sen exclusións.

Ir arriba