Xa temos o noso propio IBSN
Edición: 21 Marzo, 2007 por Juan.
[D]
Pois si, xa temos o noso propio IBSN (Número de Serie de Blogs de Internet) que identifica inequÃvocamente na Internet calquera dos documentos que aquà se publiquen (equivalente aos ISBN dos libros e aos ISSN de revistas e xornais).
Veredes ademais que acadamos unha numeración simpática (os prefixos telefónicos das 4 provincias galegas agás Ourense que nos quedamos coa última, mágoa porque o IBSN debe conter 3 guións e 10 dÃxitos).
Recoméndase aos curiosos na materia, ver o que a Wikipedia pon sobre o IBSN (non ten desperdicio) no enlace (http://es.wikipedia.org/wiki/IBSN) e asà como o xeito de conseguir un IBSN para un blog no enlace (http://ibsn.org/es). De todos modos, débese lembrar que o IBSN é só para cadernos de bitácora e non para ningún outro tipo de documentos electrónicos e só un para cada bitácora.
Quen sabe? Ao mellor tamén poderÃamos acadar un ISSN e, polo tanto, facer que os artigos publicados sexan rexistables a baremables en prol dos seus autores.
Marzo 22nd, 2007 at 10:27 am
A maiores, temos tamén solicitada a concesión do ISSN (o específico das publicacións periódicas como xornais, revistas, etc.) Terémosvos informado conforme se vaian producindo acontecementos.