Logotipo de TADEGa.net




Imprimir Artigo (Nº 159).

Vagabundo Dixital

Edición: 21 Agosto, 2007 por Abraham.

'wifibeach' ou inalámbrica na praia.[D-159] Pois si, de roteiros polo mediterráneo, de aquí para acolá decateime de que non podo vivir sen conectarme, alomenos un pouquiño cada día, asi que alí onde estaba facía un barrido da zona e “bingo“, algun “fonero” caritativo deixábame “chucharlle” o seu ancho de banda; caridade en forma de bits!!! :)

Wifi en todas as partes, no coche, na rúa, nun bar, na praia,…contáronme que nun barco tamén existía, así que en caso de afundir sempre poderías mandar unha mensaxe aínda que non sexa nunha botella.
Se queredes vola canto:

Ata onde chegaremos!!!.
Aínda que o máis sorprendente non é iso, falando, falando nesas noites longas estivais decatábame de que aínda así estamos “enganchados” por “cordóns umbilicais” eléctricos, “aínda dependemos de cables para nutrir os nosos aparatos?”, dixen. “Pois coido que xa non”, respondéronme, a electricidade sen cables xa chegou !!!!
Increíble!!!

3 comentarios a “Vagabundo Dixital”

  1. Belén comenta:

    Alégrame ver que non son a única que necesita conectarse aínda que sexa de vacacións nun paraiso je je
    Eu esta vez viaxei sen portátil pero de vez en cando permitinme unha dosis pequena de enganche. O cibermono é moi duro je je
    Disfrutade o que queda de vacacións. Lémonos á volta. Bicos!!!

  2. Felo comenta:

    jeje, despois dirá que non todo vai ser traballar…

    Desfruta moito compañeiro, istes romanos… ;)

  3. mamiago comenta:

    algo así pasame a min tamén…, e un problema…

Deixa o teu comentario

(Os campos con * son obrigatorios)


Envía este artigo a un amigo

Destinatario (Correo electrónico).

Remitente (Correo electrónico).