Logotipo de TADEGa.net




Imprimir Artigo (Nº 70).

Traducir recursos ao galego

Edición: 2 Maio, 2007 por Juan.

Logotipo da Wikipedia como símbolo das inter-relacións entre as culturas, os países e os idiomas do mundo. [D]

Un dos valores engadidos que pode aportar unha comunidade activa como a nosa de profesionais da Educación interesados na optimización do uso das TIC (Tecnoloxías da Atención á Diversidade na Educación Galega), é a traducción dos recursos tecnolóxicos máis salientables do panorama actual ao galego para así rachar unha das fendas dixitais que xorden en Galicia por mor do idioma.

Ese é o noso caso, así que dito e feito, puxémonos a traballar neste campo. Neste momento os nosos proxectos son os seguintes:

  • Traducción ao galego de Aumentativa.net a base de datos máis grande e de maior calidade en comunicación aumentativa (www.aumentativa.net).
  • Traducción ao galego de Calwav, unha calculadora parlante, moi axeitada polo tanto para persoas cegas, aínda que con aplicación en moitos máis ámbitos e desenvolta por Joaquim Fonoll de sobra coñecido por todos (www.xtec.es/~jfonoll/).
  • Queremos tamén destacar o esforzo que a nosa compañeira Belén ven aportando na traducción de Facil, tamén desenvolto por Joaquim Fonoll (www.xtec.es/~jfonoll/).
  • E non serán os últimos. Hai outros proxectos enriba da mesa para ser estudiados.

Deixa o teu comentario

(Os campos con * son obrigatorios)


Envía este artigo a un amigo

Destinatario (Correo electrónico).

Remitente (Correo electrónico).