Logotipo de TADEGa.net




Imprimir Artigo (Nº 53).

TADEGa.net, premio EGANET 2007

Edición: 30 Marzo, 2007 por Juan.

Logotipo oficial dos premios EGANET 2007 [D]

Estamos de noraboa. TADEGa.net recibiu onte (29/3/2007) o premio EGANET 2007 na modalidade de tecnoloxía accesible. Das 163 candidaturas quedaron 27 finalistas, e de éstas, os 10 premios finais. Por cuarto ano consecutivo, a Asociación de Empresas Galegas Adicadas a Internet e as Novas Tecnoloxías convoca estes Premios EGANET (www.eganet.org - www.premioseganet.com), continuando deste xeito a premiar os proxectos de empresas e profesionais galegos que traballan en prol do desenvolvemento do sector TIC na nosa comunidade.

Os nervos de Antonio e meus eran moitos aínda que o premio deixounos descolocados pois non contabamos con que os ollos dos grandes caeran sobre iste novo grupo tan cheo de ilusións por facer da simbiose entre as TIC e a atención á diversidade un mundo de ferramentas fecundas para todos.

Sexa como fose, a responsabilidade que gañamos co premio tamén é importante e o reto que se nos achega tomámolo con novo pulo.

Antes de rematar esta boa nova, quería dar os lóxicos agradecementos ás moitas persoas que están detrás de todos estes esforzos:

  • A Abraham, o cacharreiro tecnolóxico maior desta bitácora e con quen comparto case que a diario o peso de ter a web ao día.
  • A Antonio polos seus desvelos e suxestións, compañeiro de fatigas de TADEGa. Nos seus miolos estivo a idea primixenia deste grupo.
  • Aos magníficos compañeiros e amigos do TecnoNEEt, inspiradores maiores da semente de TADEGa, e da urxencia da accesibilidade web, non como un ornamento artístico, senón como a única resposta posible á dignidade das persoas con discapacidade. E, dun xeito especial, aos grandes amigos con maiúsculas Javier, Manolo, Emilio… e sen deixar atrás a ningún dos grandes deste equipo: Domingo, Mª Dolores, Mª José…
  • A todas e todos os membros de TADEGa para quen se constrúe todo isto.
  • A Marisa e María arquitectas maiores dunha vida ilusionada e ilusionante por un mundo con máis vida para todos.

2 comentarios a “TADEGa.net, premio EGANET 2007”

  1. felo comenta:

    Noraboa, xa sabedes que as cousas non ocorren por casualidade… adiante e parabéns a todos.

  2. Abraham comenta:

    Totalmente dacordo FELO!!!.
    Contáballe hai tempo un vello amigo orientador os seu alumnos:
    “A sorte é como o Vitrasa (empresa autobuses urbanos) se non estás na parada nunca o colles”. Supoño que estaren en diversas “paradas” algúns “buses” vanse coller. Coido que non vai ser o último.

Deixa o teu comentario

(Os campos con * son obrigatorios)


Envía este artigo a un amigo

Destinatario (Correo electrónico).

Remitente (Correo electrónico).