Logotipo de TADEGa.net




Imprimir Artigo (Nº 11).

Selo a excelencia da Accesibilidade

Edición: 17 Febreiro, 2007 por Abraham.

Vía CODIGOCERO.

Logotipo de accesibilidade web. [D]

Dende agora, grazas a un acordo internacional (www.DiarioSigno.com) asinado pola Asociación Española de Normalización e Certificación (AENOR), o Centro Tecnolóxico da Información e a Comunicación (CTIC), e o Instituto Europeo de Software (ESI Tecnalia), as páxinas e portais existentes en Internet poderán optar a un certificado de calidade que acredite a súa accesibilidade establecida conforme ás normas. Combinando sistemas de revisión automática (véxase o exemplo de TAW) con metodoloxías de inspección manual para asegurar que cumpren en todo momento coas pautas de accesibilidade e (de ser así), achegar un selo de excelencia a súa presenza en Internet.

Esta nova certificación servirá ademais como guía de apoio á hora de definir os requisitos de contratación e como distintivo de confianza para os usuarios.

3 comentarios a “Selo a excelencia da Accesibilidade”

  1. Juan comenta:

    Sería bon saber do procedemento a seguer (no caso de que os usuarios particulares) para acadar ese selo de accesibilidade pois, a moitos de nós, interesaríanos moito. Se alguén ten noticias concretas, agradeceríase.

  2. Cubanito comenta:

    Alédome da boa marcha desta bitácora. Xa era hora de que en Galicia xurdiran iniciativas así.

  3. Mª José comenta:

    Queridos todos/as: Estamos abraiadas coas posibilidades que ofertan as Tic, pero prodúcenos inquietude a extrema velocidade coa que todo queda obsoleto. ¡QUÉ VÉRTIGOOOOOOOOO!!!!!!!

Deixa o teu comentario

(Os campos con * son obrigatorios)


Envía este artigo a un amigo

Destinatario (Correo electrónico).

Remitente (Correo electrónico).