Logotipo de TADEGa.net




Gaudi… aí veñen os automatismos!

Edición: 22 de Setembro de 2008 por Abraham.

Logotipo de ‘GAUDI’ ou sistema de audio indexado. [D-533]

O meu Deus, seica tiña as falanxes oxidadas de non escribir nada por estes lares; retomando o pulo das miñas sindicacións abraiome co novo invento de Google, GAUDI (Acrónimo inglés de Google Audio Indexing) (1), mil e unha posibilidades ten para as Necesidades Educativas Especiais, a bote pronto a subtitulación automática dos vídeos que permitirá dobrar os diálogos, identificar sons e darlle verbas. Con estas ferramentas, todo é visualmente maís accesible!!!.

Esperamos impacientes unha nova ferramenta de interpretación gráfica.

Enlaces relacionados

:

(1) Enlace a Gaudi (Google Audio Indexing):
http://labs.google.com/gaudi

NAVEGADOR ZAC E SMARTBOARD

Edición: 22 de Setembro de 2008 por Felo.

Xa sabedes que hai unha equipa de TADEGA da que tiran Mamiago e Uxía e que, con tanto traballiño, están a traducir ao galego e facendo acopio de canto recurso hai na nosa lingua, para sacar canto antes a version galego do Navegador Zac (Antes do que pensades, por certo).

Para os que non o coñezades, o ZAC é o primeiro navegador desenvolvido específicamente para persoas con autismo e espectro autista. Iste navegador creouse para os nenos, para o seu divertimento, enriquecemento e liberdade. Os nenos o proba, empregan, xogan e interactúan con él, e experimentan a súa autonomía perante ZAC.

Aínda nos queda moito que practicar, pero os alumnos -mesmo os que teñen maiores necesidades de apoio- poden ter un momento na escola no que elixir eles mesmos que vídeo, xogo, música ou historias queren mirar; o complemento perfecto para interactuar directamente co dedo no EDI. E é aqui onde quero resaltar o valor educativo do ZAC tamén na escola, porque convírtese nunha motivación moi importante para todos os alumnos mesmo sen autismo.

[D-532]

Ferramentas accesibilidade

Edición: 19 de Setembro de 2008 por Iago_.

Magnifying [D-527-1]

Firefox [D-527-2]

Olá!! Quería compartir con vos dous ferramentas de accesibilidade web:

Virtual Magnifying Glass (1): “É coma unha lupa”. Esta ferramenta permite aumentar zonas cunha una pequena lupa.

Firefox Accessibility Extension (2): Fai Firefox mais accesible, xa que o complemento de accesibilidade de Mozilla/Firefox, fai mais doado para as persoas con diversidade ollar e navegar pola web. Os desarrolladores poden empregar o complemento para testear o emprego da estrutura e marcas de estilo que apoian a accesibilidade funcional.

Enlaces relacionados:

(1) Enlace á descarga de Virtual Magnifying Glass: http://magnifier.sourceforge.net/
(2) Enlace á descarga do complemento de accesibilidade de Firefox: http://firefox.cita.uiuc.edu/

Discapnet

Edición: 17 de Setembro de 2008 por Felo.

discapnet [D-523]

Na páxina de Discapnet están á vosa disposicion unhas fichas didácticas para traballar diversos aspectos como a autoestima, a asertividade, a memoria, a comunicación…

Están orientadas para adolescentes, pero poder ser de utilidade.
As fichas poden consultarse directamente na web ou descargarlas en formato word ou pdf

Enlaces relacionados:

(1) Enlace á páxina web do material didáctico de discapnet : http://junior.discapnet.es/Joven/FichasDidacticas/default.htm

Congreso desarrollo de competencias.

Edición: 16 de Setembro de 2008 por Antonio.

postermadrid08300.gif [D-524]

Congreso Internacional: “EDUCACIÓN INFANTIL Y DESARROLLO DE COMPETENCIAS”. Madrid 28, 29 y 30 de Novembro de 2008

A noción de competencia pouco a pouco invadiu o campo da educación, ata chegar aos currículos das reformas educativas en multitude de países. Centrar o traballo en competencias implica que os educadores procuren experiencias educativas nas que os rapaces poñan en xogo un conxunto de capacidades de distinto orde (afectivo e social, cognitivo e de linguaxe, físico e motriz) que se reforzan entre sí. Así, a Asociación Mundial de Educadores Infantiles (AMEI-WAECE) organiza este congreso para ofrecer aos educadores as estratexias para “promover, fortalecer e desenvolver as competencias que cada neno posúe”.

Podedes consultar o programa na páxina web do congreso (1)

Enlaces relacionados:

(1) Enlace á páxina web do congreso : http://www.waece.org/madrid/home.html

Congreso Internacional Síndrome de Asperger

Edición: 15 de Setembro de 2008 por belenjunquera.

II CONGRESO ASPERGER. [D-521]

Os días 19, 20 e 21 de febreiro terá lugar na Facultade de Medicina da Universidade de Sevilla o II Congreso Internacional Síndrome de Asperger.

O congreso vai dirixido a todos e todas os/as profesionais relacionados co estudio dos Trastornos del Desarrollo e tamén aberto a familiares e persoas interesadas no tema.

O prazo de inscrición xa está aberto. Podedes consultar o programa na páxina web do congreso (1)

Enlaces relacionados:

(1) Enlace á páxina web do congreso : http://www.asperger.es/congreso2009/news.php

IX Inforensino

Edición: 8 de Setembro de 2008 por Ana.

IX INFORENSINO. [D-520-1]

TADEGA estivo presente nesta IX edición das xornadas INFORENSINO, que se celebrou iste ano na Facultade de Veterinaria de Lugo. A cita foi do 12 ao 14 e tedes mais informacion sobre o programa na web de INFORENSINO.

[D-520-2]