Logotipo de TADEGa.net




Accesibilidade en XP

Edición: 7 de Xullo de 2008 por Ana.

O compañeiro Rubén Velasco, ten un vídeo moi moi sinxelo dalgunhas funcionalidades que lle podemos sacar ao Windows XP. Algo tan sinxelo como o teclado virtual emerxente pode ser de gran utilidade.

[D-490]

AL na educacion infantil

Edición: 5 de Xullo de 2008 por Avespa con mantelo.

Imaxe do programa de estimulacion da linguaxe oral. [D-482]

Pilar Sánchez dende Pontevedra está a recompilar recursos que emprega en Audición e Linguaxe, ahí van unhos arquivos adxuntos con programas de estimulación que atopou na rede!

  • Komunica,
  • PELO,
  • Terapia Miofuncional R. Monge,
  • Cuentos para hablar de Arriaza, CEPE,
  • Cuentos para hablar y aprender-CEPE,
  • Cuentos para estimular el lenguaje oral-ALJIBE e outros.

Para rematar…deixovos unha paxinas web con recursos-varios. Seguro que moitos as coñecedes… Xa contaredes…

Ligazóns de interese (En castelán):

A ver se facemos algo en galego, eh?.

I Congreso TADEGa: Acordo Aumentativa

Edición: 4 de Xullo de 2008 por belenjunquera.

Agora que temos algo mais de tempo, irémosvos ofrecendo algúns vídeos dos relatorios do pasado Congreso TADEGa de Maio. No de hoxe, a sinatura do acordo con Aumentativa.net para os socios de TADEGa e que contribuirá ao desenvolvemento e adaptación da versión galega de Aumentativa.net.

[D-489]

Ligazóns de interese:

Atencion virtual

Edición: 1 de Xullo de 2008 por manuel.

Imaxe da paxina do proxecto Diversidade Funcional. [D-487]

A Unidade Clínico Asistencial de Trastornos de Espectro Autista e Xerais do Desenvolvemento (UCATEA) da Universidade da Coruña está a traballar na avaliación e intervención dirixida a mellorar a calidade de vida dun grupo de familias con persoas con diversidade funcional. Para iso seleccionouse unha mostra inicial de varias familias situadas en distintas ubicacións dentro das provincias da Coruña e Lugo. As diferentes familias formáronse para a utilización do entorno virtual e dotáronse dun equipo informático e conexión a Internet de alta velocidade para que así puideran entrar e ter acceso aos servizos que dende a Universidade se lles ofertan.

Isto pódese realizar grazas ao emprego dun contorno virtual deseñado pola Área de e-learning do CESGA en colaboración coa universidade, co que se facilita a realización de actividades relacionadas con todas as dimensións de calidade de vida familiar (Benestar emocional, Saúde física, Benestar económico, Apoios, Produtividade, Relacións e funcionamento familiar, Implicación na comunidade e defensa, Ocio e tempo de lecer e Autodeterminación).

Nos últimos meses os profesionais da Universidade de A Coruña están a realizar un proceso de avaliación das diferentes dimensións da calidade de vida deste colectivo. Dentro deste proceso de avaliación plantéxanse múltiples actividades semanais: e-mails con informacións, novas relativas a aspectos fundamentais na vida das persoas con diversidade funcional, discusión mediante foros, sesións de atención individual e grupal a través de chat… A través deste proceso detéctase que aqueles aspectos onde as familias precisan maior apoio están relacionados coas dimensións de Produtividade, Saúde física e apoios para as familias e as persoas con diversidade funcional.

Proximamente vaise traballar nun programa de atención familiar a través da utilización do contorno virtual. Tras este período de intervención realizarase unha avaliación das ferramentas virtuais empregadas para determinar en que medida a o programa de atención virtual pode mellorar a calidade de vida destas familias.

Para máis información sobre este traballo de investigación, póñase en contacto co coordinador do proxecto na Universidade de A Coruña (Manoel Baña Castro mbcastro@udc.es, ucatea.intervencion@udc.es) ou coa Área de e-learning do Cesga (e-learning@cesga.es) ou ben visitando a páxina web oficial http://diversidade.cesga.es/.

Zac en Galego

Edición: 30 de Xuño de 2008 por mamiago.

Imaxe da paxina oficial Zac. [D-486]

Despois do traballo que se está a facer coa versión en castelán, precisamos de todas as suxestións que nos podades achegar para a versión en galego. Concretamente estamos a falar de que o navegador controla unha serie de ligazóns que xa existen na Internet. Para engadilas na versión galego en Galego hai que buscar:

  • Vídeos En Galego para rapaces (Youtube)
  • Xogos web para rapaces
  • Actividades para rapaces
  • Xogos de música.
  • Contos

Se coñeces materiais didácticos en formato web que poidan usar as nenas e nenos con algunha discapacidade intelectual vos pedimos que nolo acheguedes a TADEGa. O Navegador Zac é 100% Gratis e compatible con Windows Vista - XP - 2000 - ME - 98.

Ligazóns de interese:

  • Ligazón á páxina de contacto do Navegador Zac: www.NavegadorZAC.com
  • Ligazón á páxina do Foro Zac: http://helpcd.com/index.php
  • Para mais información en Español e Galego, por favor contacte cun dos nosos colaboradores:
  • Contacto cos autores: Para mais información contacte con John LeSieur (Inglés/Francés) no Teléfono: 702-968-0357, ou por correo electrónico: info@Peoplecd.com