Logotipo de TADEGa.net




Notas para a accesibilidade web (IX)

Edición: 8 de Xullo de 2008 por Felo.

TADEGa nos encontros de ‘EduBlogs’ 2008 celebrados en Santiago de Compostela

Fomos invitados por esta nova asociación para presentar unha comunicación sobre accesibilidade web que resume moi ben o espíritu de todo o que levamos dito nos artigos dos venres sobre a accesibilidade web. Por elo vos deixamos aquí o enlace á presentación que fixemos nestas xornadas celebradas na Universidade de Santiago de Compostela (Facultade de Pedagoxía) os días 3, 4 e 5 de xullo de 2008.

[D-496]

Adicionalmente, fixemos unha publicación especial para esta comunicación na que se explica os contidos básicos de accesibilidade web máis polo miudo e que podedes atopar no seguinte enlace: issuu.com/tadega

Anunciamos que o vindeiro artigo sobre accesibilidade web (o que fai o número 10) será o derradeiro deste curso pechando un ciclo que entendemos foi vivo e rico para todas e todos. Grazas pola vosa paciencia.

Accesibilidade en XP

Edición: 7 de Xullo de 2008 por Ana.

O compañeiro Rubén Velasco, ten un vídeo moi moi sinxelo dalgunhas funcionalidades que lle podemos sacar ao Windows XP. Algo tan sinxelo como o teclado virtual emerxente pode ser de gran utilidade.

[D-490]

AL na educacion infantil

Edición: 5 de Xullo de 2008 por Avespa con mantelo.

Imaxe do programa de estimulacion da linguaxe oral. [D-482]

Pilar Sánchez dende Pontevedra está a recompilar recursos que emprega en Audición e Linguaxe, ahí van unhos arquivos adxuntos con programas de estimulación que atopou na rede!

  • Komunica,
  • PELO,
  • Terapia Miofuncional R. Monge,
  • Cuentos para hablar de Arriaza, CEPE,
  • Cuentos para hablar y aprender-CEPE,
  • Cuentos para estimular el lenguaje oral-ALJIBE e outros.

Para rematar…deixovos unha paxinas web con recursos-varios. Seguro que moitos as coñecedes… Xa contaredes…

Ligazóns de interese (En castelán):

A ver se facemos algo en galego, eh?.

I Congreso TADEGa: Acordo Aumentativa

Edición: 4 de Xullo de 2008 por belenjunquera.

Agora que temos algo mais de tempo, irémosvos ofrecendo algúns vídeos dos relatorios do pasado Congreso TADEGa de Maio. No de hoxe, a sinatura do acordo con Aumentativa.net para os socios de TADEGa e que contribuirá ao desenvolvemento e adaptación da versión galega de Aumentativa.net.

[D-489]

Ligazóns de interese:

Atencion virtual

Edición: 1 de Xullo de 2008 por manuel.

Imaxe da paxina do proxecto Diversidade Funcional. [D-487]

A Unidade Clínico Asistencial de Trastornos de Espectro Autista e Xerais do Desenvolvemento (UCATEA) da Universidade da Coruña está a traballar na avaliación e intervención dirixida a mellorar a calidade de vida dun grupo de familias con persoas con diversidade funcional. Para iso seleccionouse unha mostra inicial de varias familias situadas en distintas ubicacións dentro das provincias da Coruña e Lugo. As diferentes familias formáronse para a utilización do entorno virtual e dotáronse dun equipo informático e conexión a Internet de alta velocidade para que así puideran entrar e ter acceso aos servizos que dende a Universidade se lles ofertan.

Isto pódese realizar grazas ao emprego dun contorno virtual deseñado pola Área de e-learning do CESGA en colaboración coa universidade, co que se facilita a realización de actividades relacionadas con todas as dimensións de calidade de vida familiar (Benestar emocional, Saúde física, Benestar económico, Apoios, Produtividade, Relacións e funcionamento familiar, Implicación na comunidade e defensa, Ocio e tempo de lecer e Autodeterminación).

Nos últimos meses os profesionais da Universidade de A Coruña están a realizar un proceso de avaliación das diferentes dimensións da calidade de vida deste colectivo. Dentro deste proceso de avaliación plantéxanse múltiples actividades semanais: e-mails con informacións, novas relativas a aspectos fundamentais na vida das persoas con diversidade funcional, discusión mediante foros, sesións de atención individual e grupal a través de chat… A través deste proceso detéctase que aqueles aspectos onde as familias precisan maior apoio están relacionados coas dimensións de Produtividade, Saúde física e apoios para as familias e as persoas con diversidade funcional.

Proximamente vaise traballar nun programa de atención familiar a través da utilización do contorno virtual. Tras este período de intervención realizarase unha avaliación das ferramentas virtuais empregadas para determinar en que medida a o programa de atención virtual pode mellorar a calidade de vida destas familias.

Para máis información sobre este traballo de investigación, póñase en contacto co coordinador do proxecto na Universidade de A Coruña (Manoel Baña Castro mbcastro@udc.es, ucatea.intervencion@udc.es) ou coa Área de e-learning do Cesga (e-learning@cesga.es) ou ben visitando a páxina web oficial http://diversidade.cesga.es/.