Logotipo de TADEGa.net




Imprimir Artigo (Nº 337).

Obradoiro accesibilidade no “CRA de Teo”

Edición: 17 Febreiro, 2008 por susana viqueira cobas.

Fotografía dos nenos no obradoiro.[D-337]

Onte tiven a sorte de poder participar no primeiro obradoiro de accesibilidade básica de contidos web, a pesar de que os meus coñecementos neste tema son moi limitadiños direi que saquei moitas máis cousas en claro do que pensaba a priori.

Está claro que con xente deste calibre é fácil ir collendo de aquí e de alá e, pouco a pouco, ir creando o teu propio banco de recursos, ideas moitas, ferramentas tamén, agora votarlle horas para fedellar en todo e ir equivocándome e tamén acertando.

Polo de pronto tentarei facer, na medida en que os meus coñecementos mo permitan, accesible todo o que elabore, tentar conseguir polo menos a dobre A.

É certo que cando elaboraba calquera documento e o colgaba por exemplo no blog que xunto a outros compañeiros comparto, non me paraba a pensar en que tal vez algunha persoa das que accedese a él puidese ter problemas para saber o que alí había, así que, polo menos, xa se produciu un cambio na miña visión de esto que era tan evidente para outros.

Agradecervos Juan, Felo… e todos os demais participantes a oportunidade de aprender con vós e de vós, certemente foi unha xornada perfecta.

Gracias.

7 comentarios a “Obradoiro accesibilidade no “CRA de Teo””

  1. Felo comenta:

    A verdade é o luxo que supón coñecervos e aprender con todo o que facedes e a paixón que poñedes no voso traballo! Grazas

    Noraboa polo artigo, pouco a pouco xa irás engadindo mais cousiñas…

    Felo

  2. Juan comenta:

    Ola Susana:

    Sinceramente o agradecido son eu. Agantar a iste infumable discurso meu, e tomar a valentía de poñelo en práctica co teu primeiro artigo nesta bitácora á vista de todos (que por certo: ‘Chapeau!’). Eres ti quen denota calidade humana.

    Felicidades polo teu artigo, anímote a que o vaias retocando e pulindo para facelo perfecto de todo ¿Qué tal inserindo unha das fotos que tomamos no obradoiro? Conforme ti o vaias facendo eu sígoche e se vexo algo para corrixir, dígocho.

    Bicos,
    Juan.

  3. Abraham comenta:

    Excelente!!! botamos de menos unha imaxe :)

  4. Juan comenta:

    E como eres alumna aventaxada ímoste axudar: nos foros da nosa web, na parte onde están os apuntes, estamos editando unha pista para que poidas facer.

    Grazas por todo.

  5. Felo comenta:

    con imaxe e todo!!! bueno bueno… ;)

  6. susana viqueira comenta:

    Bueno bueno……Felo anda,que casi desmonto a páxina,anótate un tanto. Graciñas

  7. Abraham comenta:

    O meu deus con imaxe e todo!!!!, pero esta rapaza asemella a BOB esponja, parabéns Susana…agora falta unha cousiña máis, no editor do artigo busca debaixo de onde escribes o contido existe un boton, chamado IMASET, dalle e deixa correr a creatividade…. :)

Deixa o teu comentario

(Os campos con * son obrigatorios)


Envía este artigo a un amigo

Destinatario (Correo electrónico).

Remitente (Correo electrónico).