Fontes, fontes, e máis fontes
Edición: 26 Marzo, 2007 por Abraham.
Co gallo dun curso sobre “As TIC e o profesorado de apoio” celebrado a primeiros de mes (marzo de 2007) polo CFR da Coruña (coordinado por Javier Rouco) falamos de todo un pouco, pero unha das necesidades máis acusadas seica foi iso, fontes para o uso escolar e o desenvolvemento da grafía. Así poís visitamos bancadas de “types” como por exemplo:
- http://www.dafont.com
- http://www.fontreactor.com/
- http://www.abstractfonts.com/
- http://desktoppub.about.com/od/fonts/a/writefonts.htm
Todas elas estupendas para experimentar con fontes ou Dingbats. Pero sen ir moi lonxe, no famoso CNICE, tiñamos xustamente o que necesitabamos, no seu observatorio podemos ver o proxecto, “Mis primeras fuentes“:
[D]
Aínda que se decidimos que nolo den todo feito en plantillas para a aprendizaxe da grafía, poderíamos visitar un par de xoias:
¿Algún aporte máis?
Nota: para aqueles e aquelas que estean a utilizar a PDI, que saiban que o OCR da suite do Smart Board na súa última versión (setembro do 2006) é bastante potente ao igual ca o do Office 2007, recursos interesantes para plantexar actividades de grafomotricidade/escritura na aula. Para mostra, este vídeo: [D]
Marzo 27th, 2007 at 2:53 pm
En canto a plantillas, coñecíamos os cadernos vindel e tamén temos todas istas… http://boj.pntic.mec.es/jverdugo/
Marzo 28th, 2007 at 7:16 pm
Non as coñecia, magnífico aporte Felo!!!! algun material interesante tamén o podemos atopar no coñecido http://www.educarm.es/udicom/ un referente dos materiais para compensatoria.
Marzo 29th, 2007 at 7:43 pm
Muy bueno vuestro sitio, en especial por los blogs amigos y los de recursos entre los que se encuentra el CREENA, del cual soy el responsable de nuevas tecnologías. Aunque esté en gallego se entiende bastante.
Un saludo.