Logotipo de TADEGa.net




Obradoiro LIM Cangas

Edición: 23 Xaneiro 2012 por Felo.

Obradoiro LIM Cangas

O primeiro obradoiro do ano, tivo lugar no CEIP Nazaret de Cangas. Cun tempo marabilloso e un Sol que daba gloria ;) , Sara fixo unha introdución a como achegarse por primeira vez a ista ferramenta para crear as nosas actividades multimedia. Grazas Sara!!

Share and Enjoy:
  • Print
  • PDF
  • email
  • RSS
  • Twitter
  • Facebook
  • Netvibes
  • Google Bookmarks
  • Digg
  • del.icio.us
  • BarraPunto
  • Meneame
  • MisterWong
  • MySpace

Dereitos das socias e socios

Edición: 1 Decembro 2011 por susana.

Para dar resposta a preguntas de moitas e moitos de vos, preparamos unha guía sinxela de preguntas frecuentes que irá medrando con aquelas cuestions ou propostas que nos sigades facendo.

 

 

Benvidas e benvidos

Documento pdf das preguntas frecuentes

Podes deixar as túas propostas ou dúbidas nos comentarios

Share and Enjoy:
  • Print
  • PDF
  • email
  • RSS
  • Twitter
  • Facebook
  • Netvibes
  • Google Bookmarks
  • Digg
  • del.icio.us
  • BarraPunto
  • Meneame
  • MisterWong
  • MySpace

Mais formación

Edición: 29 Novembro 2011 por TADEGa.

Curso Discapacidade Visual Mupega

Fotografia tomada durante o Curso Discapacidade Visual onde podemos ver a Emma Mayo e Juan Fernandez na mesa do Salón de Actos do Mupega. Detrás deles percíbese a imaxe proxectada coa presentación do curso na que se pode ler 'El alumno con discapacidad visual y su contexto. Centro educativo y familia'

Unha vez rematado o curso de discapacidade visual e mirando as valoracións do mesmo, temos que darvos a noraboa por estar istes dous dias xuntos, compartindo «maternidades e paternidades» ;) e tamén dar as grazas a Emma polo gran traballo desenvolvido.

A isto sumamos o artigo de hai uns días cos dous primeiros obradoiros de 2012 en Cangas e A Coruña e algun mais por concretar que se acaba de propoñer para Lugo. Alguén da mais?

Ligazóns:

Share and Enjoy:
  • Print
  • PDF
  • email
  • RSS
  • Twitter
  • Facebook
  • Netvibes
  • Google Bookmarks
  • Digg
  • del.icio.us
  • BarraPunto
  • Meneame
  • MisterWong
  • MySpace

Obradoiros, 2012: LIM e Linguaxe

Edición: 22 Novembro 2011 por Felo.

pictograma arasaac para a formacion

pictograma arasaac para a formacion

Pois o agardado chegou, os dous primeiros Obradoiros serán en Cangas e na Coruña grazas as mestras Sara Fernández Alfaya e Patricia Pena Barbeito que impartirán:

  1. Creación Contidos Dixitais con LIM. Sara Fernández Lugar: CEIP NAZARET – Cangas do Morrazo. Data 21 Xaneiro. Localización CEIP NAZARET
  2. Blog da aula de AL e recursos online. Patricia Pena Lugar: CEIP SAL LENCE – A Coruña. Data 25 Febreiro. Localización CEIP SAL LENCE
  3. O horario dos obradoiros serán de 10:00 a 14:00, coa posibilidade de quen o desexe irmos comer todos xuntos.

    FORMULARIO DE INSCRICION NOS OBRADOIROS

    A partires de agora, veredes unha imaxe permanente como ista referida ás TIC e á Formación na columna da dereita. Se premedes nela levaravos a un formulario que poderedes empregar en calquer momento para demandar non so unha necesidade de Formación, senon para ofrecervos a coordinar que o Obradoiro se celebre na vosa localidade (buscar un sitio, tema, grupo minimo…)

    Ligazón ao Formulario dos Obradoiros de Formación

Share and Enjoy:
  • Print
  • PDF
  • email
  • RSS
  • Twitter
  • Facebook
  • Netvibes
  • Google Bookmarks
  • Digg
  • del.icio.us
  • BarraPunto
  • Meneame
  • MisterWong
  • MySpace

Arranca ACCEGAL

Edición: 15 Novembro 2011 por Felo.

accegal

Pantalla inicial da web de accegal.org

A nosa noraboa a esta iniciativa que ven de arrancar das mans da colaboración do Centro de Educación Especial Manuel López Navalón de Santiago e o Grupo de Tecnoloxías da Información da Escola de Inxeniería de Telecomunicación (Universidade de Vigo), ou o que é o mesmo: Das mans da nosa colaboradora Fátima García e Enrique Costa, para la elaboración de solucións de accesibilidade baseadas en dispositivos móbiles.

Coñeciamos VirtualTEC e MessageTTS grazas á lista de correo de TADEGA, dúas aplicacións que consisten nun teclado virtual como axuda á comunicación oral e un sintetizador de voz coa entrada por teclado respectivamente. Ambalas aplicacions disponibles no Market para dispositivos Android.

Pero agora temos que destacar un Comunicador Dixital con imaxes para este tipo de aparellos, o PictoDroid, tanto na súa version Lite (mais sinxela), como a que permite expresar diferentes accións e crear oracións complexas; sempre a través de pictogramas ou outras imaxes.

PictoDroid

Imaxe do Comunicador PictoDroid Lite

Na actualidade podemos realizar oracións coas accions:

vamos a…
quiero jugar…
quiero ir al baño
quiero beber…
quiero comer….
estoy…

Ao completar a selección de pictos o sistema procederá á lectura da frase formada. Todas as imaxes poden modificarse ou eliminarse e é posible engadir os que sexan precisos.

Os nosos parabéns por ista interesante iniciativa e dende TADEGA animarvos a seguir por ista liña de traballo que apoiamos e colaboramos dende xa.

Ligazóns

Share and Enjoy:
  • Print
  • PDF
  • email
  • RSS
  • Twitter
  • Facebook
  • Netvibes
  • Google Bookmarks
  • Digg
  • del.icio.us
  • BarraPunto
  • Meneame
  • MisterWong
  • MySpace