Logotipo de TADEGa.net




Imprimir Artigo (Nº 466).

Conclusións do 1º Congreso TADEGa

Edición: 9 Xuño, 2008 por Juan.

Documento de conclusións

Portada do documento de conclusións do 1º Congreso TADEGa 2008. [D-466]
Co gallo da celebración do noso primeiro congreso TADEGa, estivemos a traballar na presentación dun documento de conclusións. Sinxelo e breve, para non cansar aos lectores, onde tedes unha escolma do que entendemos pode ser o máis interesante cara a facer unha radiografía das TIC na Atención á Diversidade en Galicia ao tempo que extrae unha serie de propostas e dictames encamiñados a mellorar ese diagnóstico. Agardamos que sexa fecundo para todas e todos:

Deste documento farase entrega de exemplares impresos ás diversas autoridades e organismos que apoiaron e colaboraron na celebración deste congreso, non só como agradecemento, tamén co ánimo de que o radiografado e das conclusións que se desprenden, se poidan extraer futuras actuacións encamiñadas á mellora do panorama das TIC na Atención á Diversidade, máxime na Educación Galega.

Entidades colaboradoras e ás que se dirixe unha copia impresa das conclusións xunto cunha copia do libro de actas do congreso:

  • Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa. Consellería de Educación. Xunta de Galicia
  • Dirección Xeral de Promoción Industrial e Sociedade da Información. Consellería de Innovación e Industria. Xunta de Galicia
  • Dirección Xeral de Ordenación e Calidade do Sistema Universitario de Galicia. Consellería de Educación. Xunta de Galicia
  • Servizo de Atención á Diversidade. Conserjería de Educación, Ciencia e Investigación. Rexión de Murcia.
  • Asociación TADEGa (Tecnoloxías de Atención á Diversidade na Educación Galega).
  • Asociación DIVERTIC (Asociación Nacional de Tecnoloxía Educativa para a Diversidade).
  • MUPEGA (Museo Pedagóxico de Galicia).
  • ONCE (Organización Nacional de Cegos Españois).
  • EDIGa (Encerado Dixital Interactivo de Galicia).
  • SMART Technologies Inc.

5 comentarios a “Conclusións do 1º Congreso TADEGa”

  1. Belén comenta:

    Menudo traballo te pegaches Juan! Excelente, coma sempre.

    Bicossssssssssssss

  2. Felo comenta:

    Canto costa a version impresa? Eu quero unha!! ;)

    Excelente.

  3. Juan comenta:

    Pódense facer a 5 euros a unidade. Graciñas rapaces.

  4. Ana comenta:

    Un traballazo de impresión… Moitísimas grazas, Xefe.

  5. uxia comenta:

    parabéns Juan! pero de onde sacas o tempo? mimadriña querida!

Deixa o teu comentario

(Os campos con * son obrigatorios)


Envía este artigo a un amigo

Destinatario (Correo electrónico).

Remitente (Correo electrónico).