Logotipo de TADEGa.net




Artigos do tema ‘Recursos’

IX Inforensino

Edición: 8 de Setembro de 2008 por Ana.

IX INFORENSINO. [D-520-1]

TADEGA estivo presente nesta IX edición das xornadas INFORENSINO, que se celebrou iste ano na Facultade de Veterinaria de Lugo. A cita foi do 12 ao 14 e tedes mais informacion sobre o programa na web de INFORENSINO.

[D-520-2]

Guía para persoas con discapacidade

Edición: 1 de Setembro de 2008 por Ana.

Unha guía de vantaxes e medidas de apoio

Guía para persoas con discapacidade. [D-513]

A Xunta de Galicia, en colaboración coa Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar e a Secretaría Xeral do Benestar, editaron en xuño do 2008 a Guía de vantaxes e medidas de apoio para persoas con discapacidade (1), elaborada por Bieita Losada Rodríguez e Concepción Freire Castro, traballadoras sociais da Vicepresidencia.

A guía, concibida como un material práctico ao alcance de todas as persoas, é un compendio de servizos e prestacións no ámbito estatal e autonómico, orientadas ás persoas con discapacidade. A guía foi deseñada de xeito que en todos os seus apartados o contido aparece de forma clara e concisa a través de táboas esquemáticas que facilitan ao usuario ou usuaria a busca e o acceso á información. Desenvólvese ao longo de oito apartados que abranguen, entre outros, o procedemento que se ha de seguir para o recoñecemento, a declaración e cualificación do grao de minusvalía; a educación; a formación e o emprego; os beneficios fiscais, as prestacións económicas, sociais e sanitarias; e a vivenda e a accesibilidade á mesma.

Deste xeito, a guía convértese nun espazo útil que facilita o coñecemento a aqueles e aquelas que o precisan para que poidan participar dos servizos existentes e exercer os seus dereitos e responsabilidades cidadáns en condicións de igualdade.

Enlaces relacionados

  • (1) Enlace á páxina da Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar e á guía en http://vicepresidencia.xunta.es, dende onde se pode descargar a Guía de vantaxes e medidas de apoio para persoas con discapacidade.

Dislexia, novos retos na intervención

Edición: 16 de Xullo de 2008 por Felo.

Libro dislexia. [D-501]

Se en Abril dabamos conta do Congreso Nacional de Dislexia (1) a celebrares en Palma de Mallorca entre o 7 e o 9 novembro, eiquí na nosa terriña, ten moi moi boa pinta o Curso de Verán da USC “Dislexia: Novos retos na súa intervención interdisciplinar”.

Desenvolverase en Vilagarcía do 15 ao 19 de setembro coas ultimas innovacións en materia de intervención sobre a dislexia. Darémosvos conta do acontecido no curso e un resumo para os compañeiros que van ao TECNONEET. Setembro formativo!!

Enlaces de interese

  1. Ligazón ao artigo do Congreso Nacional de Dislexia: TADEGa
  2. Ligazón á web do Curso de Verán sobre Dislexia: Curso de Verán en Vilagarcía-Programa
  3. Ligazón á información do Curso na USC: Información do Curso de Verán na USC

I Congreso TADEGa: Mesa I

Edición: 10 de Xullo de 2008 por belenjunquera.

Segunda entrega dos videos do Congreso, hoxe a Mesa I:

(17:15 horas) Mesa I. Referentes TIC na Atención á Diversidade
Coordina: Mª Belén Junquera Méndez.
Relatores:
Manuel Gómez Villa: DIVERTIC e AUMENTATIVA.net, proxectos, logros e perspectivas de futuro.
Fco. Javier Soto Pérez: Foro TecnoNEEt, proxectos, logros e perspectivas de futuro.
Juan J. Fernández García: TADEGa, proxectos, logros e perspectivas de futuro.

[D-489]

Ligazóns de interese:

Notas para a accesibilidade web (IX)

Edición: 8 de Xullo de 2008 por Felo.

TADEGa nos encontros de ‘EduBlogs’ 2008 celebrados en Santiago de Compostela

Fomos invitados por esta nova asociación para presentar unha comunicación sobre accesibilidade web que resume moi ben o espíritu de todo o que levamos dito nos artigos dos venres sobre a accesibilidade web. Por elo vos deixamos aquí o enlace á presentación que fixemos nestas xornadas celebradas na Universidade de Santiago de Compostela (Facultade de Pedagoxía) os días 3, 4 e 5 de xullo de 2008.

[D-496]

Adicionalmente, fixemos unha publicación especial para esta comunicación na que se explica os contidos básicos de accesibilidade web máis polo miudo e que podedes atopar no seguinte enlace: issuu.com/tadega

Anunciamos que o vindeiro artigo sobre accesibilidade web (o que fai o número 10) será o derradeiro deste curso pechando un ciclo que entendemos foi vivo e rico para todas e todos. Grazas pola vosa paciencia.

Accesibilidade en XP

Edición: 7 de Xullo de 2008 por Ana.

O compañeiro Rubén Velasco, ten un vídeo moi moi sinxelo dalgunhas funcionalidades que lle podemos sacar ao Windows XP. Algo tan sinxelo como o teclado virtual emerxente pode ser de gran utilidade.

[D-490]

AL na educacion infantil

Edición: 5 de Xullo de 2008 por Avespa con mantelo.

Imaxe do programa de estimulacion da linguaxe oral. [D-482]

Pilar Sánchez dende Pontevedra está a recompilar recursos que emprega en Audición e Linguaxe, ahí van unhos arquivos adxuntos con programas de estimulación que atopou na rede!

  • Komunica,
  • PELO,
  • Terapia Miofuncional R. Monge,
  • Cuentos para hablar de Arriaza, CEPE,
  • Cuentos para hablar y aprender-CEPE,
  • Cuentos para estimular el lenguaje oral-ALJIBE e outros.

Para rematar…deixovos unha paxinas web con recursos-varios. Seguro que moitos as coñecedes… Xa contaredes…

Ligazóns de interese (En castelán):

A ver se facemos algo en galego, eh?.