Logotipo de TADEGa.net




Artigos do tema ‘Noticias’

Conclusións do 1º Congreso TADEGa

Edición: 9 de Xuño de 2008 por Juan.

Documento de conclusións

Portada do documento de conclusións do 1º Congreso TADEGa 2008. [D-466]
Co gallo da celebración do noso primeiro congreso TADEGa, estivemos a traballar na presentación dun documento de conclusións. Sinxelo e breve, para non cansar aos lectores, onde tedes unha escolma do que entendemos pode ser o máis interesante cara a facer unha radiografía das TIC na Atención á Diversidade en Galicia ao tempo que extrae unha serie de propostas e dictames encamiñados a mellorar ese diagnóstico. Agardamos que sexa fecundo para todas e todos:

Deste documento farase entrega de exemplares impresos ás diversas autoridades e organismos que apoiaron e colaboraron na celebración deste congreso, non só como agradecemento, tamén co ánimo de que o radiografado e das conclusións que se desprenden, se poidan extraer futuras actuacións encamiñadas á mellora do panorama das TIC na Atención á Diversidade, máxime na Educación Galega.

Entidades colaboradoras e ás que se dirixe unha copia impresa das conclusións xunto cunha copia do libro de actas do congreso:

  • Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa. Consellería de Educación. Xunta de Galicia
  • Dirección Xeral de Promoción Industrial e Sociedade da Información. Consellería de Innovación e Industria. Xunta de Galicia
  • Dirección Xeral de Ordenación e Calidade do Sistema Universitario de Galicia. Consellería de Educación. Xunta de Galicia
  • Servizo de Atención á Diversidade. Conserjería de Educación, Ciencia e Investigación. Rexión de Murcia.
  • Asociación TADEGa (Tecnoloxías de Atención á Diversidade na Educación Galega).
  • Asociación DIVERTIC (Asociación Nacional de Tecnoloxía Educativa para a Diversidade).
  • MUPEGA (Museo Pedagóxico de Galicia).
  • ONCE (Organización Nacional de Cegos Españois).
  • EDIGa (Encerado Dixital Interactivo de Galicia).
  • SMART Technologies Inc.

Navegador Zac

Edición: 6 de Xuño de 2008 por Felo.

Imaxe do escritorio do navegador Zac. [D-464]

Xa coñecemos que as barreiras que diariamente teñen que esquivar moitas persoas que sofren algunha discapacidade, tamén están presentes nas TIC. Un exemplo son as persoas con autismo, que se ven desbordados pola cantidade de información, elementos e cores presentes nos navegadores de Internet. Por iso, un informático creou, con asesoramento de profesionais do tratamento do autismo, un navegador web específico para estas persoas, que puxo a disposición de todo o mundo de forma gratuíta na Rede.

Un avó coraxe das Veigas, informático e cun neto autista, deuse conta de que Internet podería ser unha boa ferramenta para a rehabilitación do seu neto de seis anos. Sen embargo, o único que conseguiu foi o desánimo tras constatar que para o pequeno Zac a gran cantidade de cores, os banners e os contidos estridentes da Rede non o axudaban en nada. Cas súas dotes de programador, John LeSieur deseñou un navegador web específico para nenos autistas, que simplifica a busca de contidos.

John LeSieur, programador informático afincado nas Vegas, deuse conta de que el mesmo podería facilitar a vida ao seu neto se creaba un navegador máis sinxelo. Aproveitando a súa pequena empresa de software chamada People CD Inc., deuse á tarefa de proxectar o navegador. LeSieur só buscaba axudar ao seu neto Zackary Villeneuve, que vive en Saint Remi, Quebec (Canadá), pero unha vez que publicou en Internet o seu proxecto, moitos pais quixeron probar o ”Navegador Zac para nenos autistas”. (more…) [Art. Nº 464]

I Congreso TADEGa 2008

Edición: 29 de Abril de 2008 por Juan.

Logotipo do '1º Congreso TADEGa 2008'.[D-453]
Os días 23 e 24 de maio de 2008, terá lugar nas instalacións do Museo Pedagóxico Galego (MUPEGA) de Santiago de Compostela, A Coruña o Primeiro Congreso de Tecnoloxías de Atención á Diversidade na Educación Galega (TADEGa) 2008.

TADEGa síntese moi leda de presentarvos este 1º Congreso. Chegar ata aquí non foi doado, o traballo preparatorio foi intenso, pero paga a pena intentalo á vista do servizo que podemos prestar á comunidade educativa galega. Agardamos desde esta preparación que todo saia ben e que todas e todos poidamos sacarlle proveito nas nosas aulas e nos nosos fogares.

O período de inscrición xa comezou, e as prazas son limitadas (o aforo máximo das instalacións do MUPEGA é de 112 prazas). Só nos queda animarvos a participar neste evento que con tanto mimo estamos a preparar.

Tedes toda a información necesaria na nosa web:

Google e Braille

Edición: 22 de Abril de 2008 por Ana.

Logotipo de Google en Braille[D-439]

O buscador de Internet ‘Google’ (*) da un pasiño de cara á igualdade no acceso á información ao adaptar os seu servizo de consulta de noticias, chamado Google Reader, ás persoas con discapacidade visual.

Dende mediados do mes de marzo, eles tamén poderán facer uso de Google a través dun sistema que permite o emprego de aplicacións que codifican o texto escrito ao alfabeto Braille en lectores de pantalla.

Para acceder ao Google Reader, é preciso ter aberta unha conta de correo electrónico con Gmail (**) (da compañía Google) e estar subscrito a este servizo. Unha vez subscrita, a persoa poderá visualizar as noticias. A esperanza de ver a accesibilidade como unha realidade colle folgos na súa travesía grazas a alternativas como esta.

Citas e notas

Competencias básicas

Edición: 8 de Abril de 2008 por Felo.

Logotipo do Centro de Formación e Recursos da Coruña.[D-424]

O Centro de Formación e Recursos da Coruña, organiza un curso que se celebrará en xuño sobre competencias básicas e no que contarán cun programa moi interesante:

  • 3 de xuño: Competencias básicas e práctica educativa: avalición das competencias por Don José Graña Carrodeguas, Subdirector Xeral de Inspección, Avaliación e Calidade do sistema educativo.
  • 4 de xuño: Metodoloxía na aula e desenvolvemento de competencias básicas: unha interesante relación por Dona Estela D’Angelo Menéndez da Universidade Complutense de Madrid e Presidenta da Asociación Española de Lectura e Escritura.
  • 5 de xuño: Repensar a aprendizaxe das matemáticas: competencia matemática para comprender o mundo por Don Ángel Carlos Gallego Lázaro da Universidade Ramón Llull de Barcelona.

Así que animádevos, difundídeo e matriculádevos.

Referencia para inscribirse na páxina web do Sistema de Xestión da Formación do Profesorado (FPROF): C0702009