Logotipo de TADEGa.net




Artigos do tema ‘Noticias’

I Congreso TADEGa 2008

Edición: 29 de Abril de 2008 por Juan.

Logotipo do '1º Congreso TADEGa 2008'.[D-453]
Os días 23 e 24 de maio de 2008, terá lugar nas instalacións do Museo Pedagóxico Galego (MUPEGA) de Santiago de Compostela, A Coruña o Primeiro Congreso de Tecnoloxías de Atención á Diversidade na Educación Galega (TADEGa) 2008.

TADEGa síntese moi leda de presentarvos este 1º Congreso. Chegar ata aquí non foi doado, o traballo preparatorio foi intenso, pero paga a pena intentalo á vista do servizo que podemos prestar á comunidade educativa galega. Agardamos desde esta preparación que todo saia ben e que todas e todos poidamos sacarlle proveito nas nosas aulas e nos nosos fogares.

O período de inscrición xa comezou, e as prazas son limitadas (o aforo máximo das instalacións do MUPEGA é de 112 prazas). Só nos queda animarvos a participar neste evento que con tanto mimo estamos a preparar.

Tedes toda a información necesaria na nosa web:

Google e Braille

Edición: 22 de Abril de 2008 por Ana.

Logotipo de Google en Braille[D-439]

O buscador de Internet ‘Google’ (*) da un pasiño de cara á igualdade no acceso á información ao adaptar os seu servizo de consulta de noticias, chamado Google Reader, ás persoas con discapacidade visual.

Dende mediados do mes de marzo, eles tamén poderán facer uso de Google a través dun sistema que permite o emprego de aplicacións que codifican o texto escrito ao alfabeto Braille en lectores de pantalla.

Para acceder ao Google Reader, é preciso ter aberta unha conta de correo electrónico con Gmail (**) (da compañía Google) e estar subscrito a este servizo. Unha vez subscrita, a persoa poderá visualizar as noticias. A esperanza de ver a accesibilidade como unha realidade colle folgos na súa travesía grazas a alternativas como esta.

Citas e notas

Competencias básicas

Edición: 8 de Abril de 2008 por Felo.

Logotipo do Centro de Formación e Recursos da Coruña.[D-424]

O Centro de Formación e Recursos da Coruña, organiza un curso que se celebrará en xuño sobre competencias básicas e no que contarán cun programa moi interesante:

  • 3 de xuño: Competencias básicas e práctica educativa: avalición das competencias por Don José Graña Carrodeguas, Subdirector Xeral de Inspección, Avaliación e Calidade do sistema educativo.
  • 4 de xuño: Metodoloxía na aula e desenvolvemento de competencias básicas: unha interesante relación por Dona Estela D’Angelo Menéndez da Universidade Complutense de Madrid e Presidenta da Asociación Española de Lectura e Escritura.
  • 5 de xuño: Repensar a aprendizaxe das matemáticas: competencia matemática para comprender o mundo por Don Ángel Carlos Gallego Lázaro da Universidade Ramón Llull de Barcelona.

Así que animádevos, difundídeo e matriculádevos.

Referencia para inscribirse na páxina web do Sistema de Xestión da Formación do Profesorado (FPROF): C0702009

Congreso Nacional de Dislexia

Edición: 2 de Abril de 2008 por Felo.

Logotipo de 'DSFAM'. [D-418]

E xa van pola IV edición, a se celebrar en Palma de Mallorca entre o 7 e o 9 novembro… tendo como obxectivo principal dar a coñecer o trastorno da dislexia e buscar solucións aos problemas que se nos presentan día a día, dende todos os ámbitos: familiar, educativo, sanitario e social. Animádevos que paga a pena.

Enlaces de interese

  1. Ligazón á web de DISFAM: www.disfam.net/congreso
  2. Ligazón á imaxe do custo do billete con Air Berlín: tadega.net/Bitacora

Congreso Nacional Déficit Atención

Edición: 26 de Marzo de 2008 por Avespa con mantelo.

logotipo do ANSHDA (Asociación de padres de Niños con Síndrome de Hiperactividad y Déficit de Atención)
[D-323]
Unha aperta moi forte a Juan niste día.

Aviso: Artigo en castelán

El pasado 26 y 27 de enero de 2008 tuve la oportunidad de estar en el Congreso Nacional sobre TDAH 2008 en Madrid, de este conviene destacar las aportaciones del Dr. Russel Barkley, la psicóloga Marina Peña y la de Jesús Bernal. El resto de conferencias pasaron sin pena ni gloria, algunas parecían prometedoras aunque luego no aportaron lo que prometían, es éstas como es lógico no hablaré.

Tampoco de aquello que se ha hablado mil veces y podeís leer en otros artículos. Pero bien, considero que si de un congreso o curso sales con 1 o 2 ideas nuevas ya te puedes dar por satisfecho, así que en términos generales el congreso mereció la pena.

(more…) [Art. Nº 323]

Dislexia, a discapacidade invisibilizada

Edición: 20 de Marzo de 2008 por Juan.

Alegoría da soidade (Debuxo por xentileza de J. Montiel).[D-408]

Non nos decatamos pero entre nós hai unha multitude de xente con dislexia sen que os propios afectados sexan coñecedores desta situación. Un artigo no xornal El País (1) fai unha descrición pormenorizada desta situación que, no estado español, é grave dende o momento en que as medidas educativas para a detección e o tratamento apenas son uns poucos esbozos do que debería ser.

Non quero aburrir on explicacións redundantes así que, despois de ler isto e ver o debuxo de J. Montiel (2), invítovos a ir directamente á fonte orixinal de ambos para ler o artigo e observar os traballos gráficos, paga a pena.

Enlaces que se citan

  1. Artigo do xornal El País sobre a dislexia baixo o significativo título: Tal vez o teu fillo é disléxico e ninguén o sabe? no enderezo web: www.elpais.com/articulo/sociedad…
  2. Orixe da ilustración de este artigo: Caderno de bitácora de J. Montiel (Juan Manuel Montiel): jmontiel.blogspot.es/…