Logotipo de TADEGa.net




Artigos do tema ‘Experiencias’

Discapnet

Edición: 17 de Setembro de 2008 por Felo.

discapnet [D-523]

Na páxina de Discapnet están á vosa disposicion unhas fichas didácticas para traballar diversos aspectos como a autoestima, a asertividade, a memoria, a comunicación…

Están orientadas para adolescentes, pero poder ser de utilidade.
As fichas poden consultarse directamente na web ou descargarlas en formato word ou pdf

Enlaces relacionados:

(1) Enlace á páxina web do material didáctico de discapnet : http://junior.discapnet.es/Joven/FichasDidacticas/default.htm

Congreso desarrollo de competencias.

Edición: 16 de Setembro de 2008 por Antonio.

postermadrid08300.gif [D-524]

Congreso Internacional: “EDUCACIÓN INFANTIL Y DESARROLLO DE COMPETENCIAS”. Madrid 28, 29 y 30 de Novembro de 2008

A noción de competencia pouco a pouco invadiu o campo da educación, ata chegar aos currículos das reformas educativas en multitude de países. Centrar o traballo en competencias implica que os educadores procuren experiencias educativas nas que os rapaces poñan en xogo un conxunto de capacidades de distinto orde (afectivo e social, cognitivo e de linguaxe, físico e motriz) que se reforzan entre sí. Así, a Asociación Mundial de Educadores Infantiles (AMEI-WAECE) organiza este congreso para ofrecer aos educadores as estratexias para “promover, fortalecer e desenvolver as competencias que cada neno posúe”.

Podedes consultar o programa na páxina web do congreso (1)

Enlaces relacionados:

(1) Enlace á páxina web do congreso : http://www.waece.org/madrid/home.html

Congreso Internacional Síndrome de Asperger

Edición: 15 de Setembro de 2008 por belenjunquera.

II CONGRESO ASPERGER. [D-521]

Os días 19, 20 e 21 de febreiro terá lugar na Facultade de Medicina da Universidade de Sevilla o II Congreso Internacional Síndrome de Asperger.

O congreso vai dirixido a todos e todas os/as profesionais relacionados co estudio dos Trastornos del Desarrollo e tamén aberto a familiares e persoas interesadas no tema.

O prazo de inscrición xa está aberto. Podedes consultar o programa na páxina web do congreso (1)

Enlaces relacionados:

(1) Enlace á páxina web do congreso : http://www.asperger.es/congreso2009/news.php

IX Inforensino

Edición: 8 de Setembro de 2008 por Ana.

IX INFORENSINO. [D-520-1]

TADEGA estivo presente nesta IX edición das xornadas INFORENSINO, que se celebrou iste ano na Facultade de Veterinaria de Lugo. A cita foi do 12 ao 14 e tedes mais informacion sobre o programa na web de INFORENSINO.

[D-520-2]

Las TIC para la igualdad

Edición: 3 de Setembro de 2008 por Felo.

Libro Las TIC para la igualdad. [D-517]

O vindeiro venres día 5 de setembro, no marco XI Congreso Edutec, vaise presentar, en Santiago de Compostela, o libro Las TIC para la igualdad, unha obra deseñada para darlle a entender ao lector a utilidade das novas tecnoloxías na atención á diversidade.

Julio Cabero, Margarita Córdoba e José María Fernández son os coordinadores deste título integrado na Colección Educación e Psicoloxía, da Editorial MAD Eduforma, no que se ofrece unha análise das tecnoloxías da información e a comunicación dispoñibles no contexto educativo para persoas con determinados tipos de discapacidade.

A obra, de grande utilidade para mestres e expertos en Educación Especial, será presentada no Museo Pedagóxico de Galicia (MUPEGA) ás 9.45 horas.
A Editorial MAD Eduforma, conta cunha experiencia de máis de 25 anos na publicación de libros cunha orientación práctica e a este título súmanse outras obras como Ensino con TIC no século XXI ou A escola 2.0, entre outras.

Guía para persoas con discapacidade

Edición: 1 de Setembro de 2008 por Ana.

Unha guía de vantaxes e medidas de apoio

Guía para persoas con discapacidade. [D-513]

A Xunta de Galicia, en colaboración coa Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar e a Secretaría Xeral do Benestar, editaron en xuño do 2008 a Guía de vantaxes e medidas de apoio para persoas con discapacidade (1), elaborada por Bieita Losada Rodríguez e Concepción Freire Castro, traballadoras sociais da Vicepresidencia.

A guía, concibida como un material práctico ao alcance de todas as persoas, é un compendio de servizos e prestacións no ámbito estatal e autonómico, orientadas ás persoas con discapacidade. A guía foi deseñada de xeito que en todos os seus apartados o contido aparece de forma clara e concisa a través de táboas esquemáticas que facilitan ao usuario ou usuaria a busca e o acceso á información. Desenvólvese ao longo de oito apartados que abranguen, entre outros, o procedemento que se ha de seguir para o recoñecemento, a declaración e cualificación do grao de minusvalía; a educación; a formación e o emprego; os beneficios fiscais, as prestacións económicas, sociais e sanitarias; e a vivenda e a accesibilidade á mesma.

Deste xeito, a guía convértese nun espazo útil que facilita o coñecemento a aqueles e aquelas que o precisan para que poidan participar dos servizos existentes e exercer os seus dereitos e responsabilidades cidadáns en condicións de igualdade.

Enlaces relacionados

  • (1) Enlace á páxina da Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar e á guía en http://vicepresidencia.xunta.es, dende onde se pode descargar a Guía de vantaxes e medidas de apoio para persoas con discapacidade.

Na presentación do navegador ZAC

Edición: 17 de Agosto de 2008 por mamiago.

Así a sentín eu

Iago con Iago Seara na presentación do Navegador Zac. [D-511]

O pasado xoves, organizada pola asociación TADEGa, asistimos no MUPEGA en Santiago, á presentación do navegador Zac (1). Iago e Diego foron a miña sorpresa (2): Estiveron alí uns minutos antes de comezar. A pesar do diagnóstico de TEA, o meu fillo Iago é moi sociable, e deixouse querer.

Entre os asistentes estaban a tía e o tío dun meniño que tamén ten unha bitácora De la Mano Contigo (3) e dúas nais máis, unha delas conta a súa historia en La Sonrisa de Arturo (4). Tamén unha representación de Autismo Galicia (5).

Alegroume gratamente sentir novamente, pero en vivo e en directo, a través de Iago Seara, a bondade da aplicación creada por John LeSieur, o seu proxecto difúndese gratuitamente. Aledoume tamén saber que está posta en marcha a seguinte versión con importantes cambios, entre eles, a posibilidade de decidir que enlaces amosar, ou crear unha biblioteca mundial de enlaces onde a comunidade usuaria con perfil de administración (nais e pais, titores/as, profesorado… ) poderá buscar ou deixar, os que cada quen considere máis axeitados.

Iago expuxo o seu traballo dentro do equipo español do ZAC, enxalzando o labor doutras colaboracións e amosounos algo máis de John LeSieur, a súa mocidade e a súa inquietude por lograr novas versións máis elaboradas e accesibles.

A Iago vino como a unha persoa excepcional, familiar, agradable, doce, preocupado por resolver as inquietudes e concienciado en conseguir que este proxecto para nenos e nenas con autismo poida ser, como dicíamos alí, un navegador sen apelidos, para todas e todos. Simplemente, o Navegador Zac.

Enlaces relacionados