Logotipo de TADEGa.net




Artigos do tema ‘Experiencias’

Congreso Internet en el Aula-ONCE

Edición: 28 de Xuño de 2008 por Felo.

Sábado 28 de Junio 9:00 h: “Las tecnologías digitales como herramienta de inclusion en el aula” Mar Sesé Piana

[D-484]

Navegador ZAC en Español

Edición: 25 de Xuño de 2008 por Iago.

Imaxe da paxina oficial Zac en castelán. [D-477]

Aproveito para presentarme oficialmente na Bitácora despois de facelo na lista de correo TADEGa (Que xente mi madriña! ;) , compráceme moitísimo informarvos, que a versión oficial en castelán do Zac Browser (coma antesala da versión galega), xa está á vosa disposición na ligazón oficial do proxecto Zac Browser (1).

Para calquera dúbida, problema ou suxestión, podedes dirixirvos aos foros de ZAC (2). Neles podedes formular as vosas consultas en ingles, francés ou español.

Deste xeito consolidamos así a participación da Asociación TADEGa nestas dúas traduccións. A tal efecto, se coñeces materiais didácticos en formato web que poidan usar as nenas e nenos con algunha discapacidade intelectual vos pedimos que nolo acheguedes a TADEGa. Ao final deste artigo tedes o enlace da nosa magnífica coordinadora Mamiago (3).

Nota de prensa en castelán

Las Vegas, NV - 24 de Junio, 2008 - People CD, los creadores de Kidz CD (Navegador seguro para niños y adolescentes) lanza el navegador ZAC Para Niños Autistas en Español.

ZAC es el primer navegador creado especialmente para niños con autismo, y desórdenes del espectro autista como el Síndrome de Asperger, desórdenes de desarrollo dominante (PDD por sus siglas en inglés), y PDD-NOS.

Ellos han creado este navegador para los niños, para su disfrute, enriquecimiento, y libertad. Los niños lo prueban, lo usan, juegan, e interactuan con él, y experimentan independencia a través de ZAC.

El Navegador ZAC fue inspirado a partir de una profunda necesidad propia, dijo John LeSieur de People CD. En 2002 fuimos bendecidos con un hermoso nieto, Zackary. En sus primeros años Zackary empezó a mostrar signos clásicos de desorden de desarrollo dominante (PDD sus siglas en inglés) y fue diagnosticado como autista severo en 2005. Tenemos el más profundo amor por nuestra hija y nieto, y es a partir de este emotivo sentimiento que hemos usado nuestro talento para crear un navegador específicamente para Zackary y los niños que afrontan desórdenes cerebrales similares.

El Navegador ZAC fue creado debido a tres importantes razones:

  • El Navegador ZAC es el único lugar donde tu hijo autista puede navegar solo a salvo, y fácilmente por internet e interactuar con muchas aplicaciones web.
  • El Navegador ZAC proporciona a padres y cuidadores un foro donde pueden aprender de otras experiencias, compartiendo historias, donde pueden conectarse y comunicarse con otros que entienden íntimamente sus situaciones.
  • El Buscador ZAC propociona enlaces útiles que guían a páginas comerciales que podrían mejorar la calidad de vida de vuestros hijos.

El Navegador ZAC en inglés fue presentado en Abril del 2008 e instantáneamente recibió el reconocimiento de los medios más prestigiosos de todo el mundo y de los padres de niños autistas.

Un equipo de voluntarios contactó con la compañía para ofrecer su talento y ayuda con el Navegador ZAC en Español. El equipo de voluntarios fue organizado y pronto su trabajo trajo a la vida al Navegador ZAC en Español. People CD quiere agradecer personalmente a este grupo su trabajo, por este regalo a los niños con autismo que hablan Español alrededor del mundo.

El Navegador Zac es 100% Gratis y compatible con Windows Vista - XP - 2000 - ME - 98.

Zac está disponible en Inglés, Francés y ahora ¡en Español!

Ligazóns de interese:

  • (1) Ligazón á páxina de contacto do Navegador Zac: www.NavegadorZAC.com
  • (2) Ligazón á páxina do Foro Zac: http://helpcd.com/index.php
  • (3) Para mais información en Español e Galego, por favor contacte cun dos nosos colaboradores:
    • Iago Seara, por email: IagoSearaP@gmail.com
    • Inés (Mamiago) por correo electrónico: ines.casal@hotmail.com para aportar todos aqueles materiais en galego e español: videos, cancións, actividades, etc que consideredes que poden engadirse a ambas versións (Galega e/ou Española) do Navegador Zac.
  • Contacto cos autores: Para mais información contacte con John LeSieur (Inglés/Francés) no Teléfono: 702-968-0357, ou por correo electrónico: info@Peoplecd.com

Encontro Internacional de nenos cegos e deficientes visuais

Edición: 14 de Xuño de 2008 por Antonio.

Nena cega falando ao mundo.[D-473]
Do 16 ate o 20 de xuño terá lugar en Pontevedra I Encuentro Internacional de Niños Ciegos y Deficientes Visuales, impulsado pola Organización Nacional de Cegos Españois e pola Unión Mundial de Cegos.

A idea básica consiste en que adolescentes con discapacidade visual de todo o mundo debatan e expoñan a súa realidade cotiá presentando ao público en xeral e a aquelas persoas con responsabilidade na toma de decisións dos problemas e contextos nos que se teñen que desenvolver.

Os debates serán en sesións plenarias e trataranse aspectos relacionados con temas como: a educación, a familia ou as relacións cos outros. Neles participarán sobre 24 adolescentes de entre 14 e 16 anos de todo o mundo con diferentes tipos de discapacidade visual.

Esta iniciativa xurde da recente entrada en vigor da Convención de Nacións Unidas sobre os dereitos das persoas con discapacidade e este encontro pretende ser un foro onde se poida oir, reflexionar e tomar as medidas oportunas para a integración social das persoas con problemas visuais. Outro dos obxectivos que se pretende é que as conclusións cheguen a quen teñan a responsabilidade no desenvolvemento de políticas relacionados coa accesibilidade en diferentes campos: arquitectónica, urbanística, tecnolóxica, etc e acadar así melloras significativas en prol da igualdade de oportunidades e dereitos.

Está previsto que o congreso remate cunha xornada aberta á que acudirán institucións e entidades internacionais dos ámbitos da cegueira e da infancia como a UNICEF, Save the Children, e outras para que os seus representantes poidan coñecer de primeira man a realidade e os problemas deste colectivo tras unha declaración conxunta elaborada polos propios rapaces.
O resto das sesións serán a porta pechada e levaranse a cabo talleres de teatro,música ou deporte así como outras actividades de ocio e tempo libre que incluirán visitas culturais pola cidade.

Fonte da noticia: www.ecodiario.es

Conclusións do 1º Congreso TADEGa

Edición: 9 de Xuño de 2008 por Juan.

Documento de conclusións

Portada do documento de conclusións do 1º Congreso TADEGa 2008. [D-466]
Co gallo da celebración do noso primeiro congreso TADEGa, estivemos a traballar na presentación dun documento de conclusións. Sinxelo e breve, para non cansar aos lectores, onde tedes unha escolma do que entendemos pode ser o máis interesante cara a facer unha radiografía das TIC na Atención á Diversidade en Galicia ao tempo que extrae unha serie de propostas e dictames encamiñados a mellorar ese diagnóstico. Agardamos que sexa fecundo para todas e todos:

Deste documento farase entrega de exemplares impresos ás diversas autoridades e organismos que apoiaron e colaboraron na celebración deste congreso, non só como agradecemento, tamén co ánimo de que o radiografado e das conclusións que se desprenden, se poidan extraer futuras actuacións encamiñadas á mellora do panorama das TIC na Atención á Diversidade, máxime na Educación Galega.

Entidades colaboradoras e ás que se dirixe unha copia impresa das conclusións xunto cunha copia do libro de actas do congreso:

  • Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa. Consellería de Educación. Xunta de Galicia
  • Dirección Xeral de Promoción Industrial e Sociedade da Información. Consellería de Innovación e Industria. Xunta de Galicia
  • Dirección Xeral de Ordenación e Calidade do Sistema Universitario de Galicia. Consellería de Educación. Xunta de Galicia
  • Servizo de Atención á Diversidade. Conserjería de Educación, Ciencia e Investigación. Rexión de Murcia.
  • Asociación TADEGa (Tecnoloxías de Atención á Diversidade na Educación Galega).
  • Asociación DIVERTIC (Asociación Nacional de Tecnoloxía Educativa para a Diversidade).
  • MUPEGA (Museo Pedagóxico de Galicia).
  • ONCE (Organización Nacional de Cegos Españois).
  • EDIGa (Encerado Dixital Interactivo de Galicia).
  • SMART Technologies Inc.

Resaca do I Congreso TADEGa

Edición: 2 de Xuño de 2008 por Felo.

Fotografía da Mesa IV do Congreso TADEGa.[D-460]

Os días 23 e 24 de maio de 2008, celebrouse nas instalacións do Museo Pedagóxico Galego (MUPEGA) de Santiago de Compostela, con grande éxito de público e emocións, o Primeiro Congreso de Tecnoloxías de Atención á Diversidade na Educación Galega (TADEGa) 2008. Dous días intensos nos que usuarias e usuarios en enquisas anónimas (55) nos deixaron unha valoración media de 8,45 puntos na típica escala de 0 a 10.

A todas e todos moitas grazas. Faremos canto sexa posible por merecer tan boa nota. Igualmente adiantarvos que ao longo dos vindeiros días poñeremos á vosa disposición:

  • As propias conclusións en detalle do congreso en diversos formatos:
    • En formato PDF para que poidan ser descargadas e impresas. Terá unha extensión reducida xa que incluirá só os datos máis imprescindibles.
    • Para quen estea interesado/a en ter unha copia impresa de calidade destas conclusións que editaremos en formato revista, as poñeremos tamén á vosa disposición para ser mercadas a través dunha editorial que xa logo vos indicaremos a un prezo axustado (o mínimo para amortizar os gastos da propia edición).
    • En formato ISO, xa cunha versión máis completa e detallada para que poidades gravar esas mesmas conclusións nese disco compacto (CD ou DVD) contendo unha pequena web con toda a información ao completo así como unha reportaxe gráfica con fotos e vídeos do que foi o congreso.
  • Dado que aínda estamos en proceso de elaboración tedes tempo de subministrarnos máis datos para as mesmas, as vosas conclusións particulares, opinións, etc. Xa sexa xuntando comentarios a este artigo da bitácora, xa sexa enviándonos un correo electrónico. De todos modos o proceso calculamos debe quedar concluído nesta primeira quincena de xuño.

De entrada, os datos básicos para poder ir consultándoos os tedes nas nosas páxinas de internet: